ANPA Xose Luis Taboada
luns, 2 de marzo de 2026
martes, 24 de febreiro de 2026
xoves, 12 de febreiro de 2026
Obradoiro: Hábitos de vida Saudables
Boas tardes familias!!
O día venres 20 de febreiro os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terán unha charla sobre:
"Saúde Emocional e Hábitos de Vida Saudables na Escola"
Esta charla está promovida por FAPACEL, o seu obxectivo é promover o benestar emocional e os hábitos de vida saudables entre o mediante intervencións educativas, vai estar liderada por Martín González Folgueira, profesional de enfermería.
E con ela pretendese:
- Favorecer a identificación e expresión
adecuada das emocións.
- Fomentar
a autoestima, a empatía e as habilidades sociais.
- Sensibilizar sobre a importancia do soño, a
alimentación equilibrada, a actividade
física e o uso responsable das pantallas.
- Previr
condutas de risco desde idades temperás.
luns, 2 de febreiro de 2026
Semana de Entroido
Boas tardes, mandamos o mandato do meco, que este ano ten como temática O mar.
Dará comezo o proximo luns 9 de febreiro, e remata o venres 13 co desfile dos nenos/as polas rúas do Concello.
Esperemos que o tempo acompañe e que os cativos o desfruten moito!!
xoves, 22 de xaneiro de 2026
Xornadas Atención á Diversidade
Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade.
Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h
ALERTA METEOROLOXICA
Suspensión de clases e transporte escolar na xornada de maña día 23/01/2026 por alerta laranxa.
Enlace Xunta para máis información: Tablón de alertas meteorológicas | Política Social
Acta da comisión de alertas escolar do día de hoxe 22/01/26: acta-comision-alertas-escolares-22_xaneiro_2026_0.pdf
Protocolo: PROTOCOLO ALERTAS
Aberto Prazo Matrícula
As familias galegas poderán solicitar praza escolar para o vindeiro curso entre o 1 e o 20 de marzo de 2026. Este prazo serve tanto para o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo como para aqueles que queiran cambiar de centro, sempre que haxa prazas dispoñibles. Antes diso, do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro estará aberto o período de reserva de praza para o alumnado que remata etapa e pasa ao seu centro adscrito. As listaxes provisionais de admitidos publicarase o 24 de abril e as definitivas o 15 de maio, e a matrícula formalizarase entre o 20 e o 30 de xuño para Infantil e Primaria, e do 23 de xuño ao 7 de xullo para ESO e Bacharelato.
Máis información: Las familias gallegas podrán solicitar plaza escolar para sus hijos el próximo curso entre el 1 y el 20 de marzo - Xunta de Galicia
martes, 20 de xaneiro de 2026
Boletín Cultural
Boletín Cultural Lugo VENRES 16/01 A XOVES 22/01
https://drive.google.com/file/d/1JbsZ0g3Y5otmHVWZwDLts6pe9I2jmHdd/view?usp=drive_link
Guía "Mitos sobre a Igualdade"
Dende a Federación, en coordinación con ANPAS GALEGAS, queremos contarvos que ao longo do ano 2026 se vai elaborar a guía “Mitos sobre a Igualdade”, un recurso pensado para apoiar o traballo que xa realizades cos centros educativos e coas familias.
O obxectivo desta guía é identificar e desmontar algúns dos mitos máis estendidos sobre a igualdade de xénero, que adoitan aparecer nas conversas cotiás, nas redes sociais ou no ámbito educativo, e que ás veces dificultan avanzar cara a unha educación máis xusta e igualitaria.
Para que esta guía sexa realmente útil e conecte coa realidade dos centros, a participación das ANPAS e das familias que a compoñen é fundamental. Queremos que os contidos partan do que vós detectades no día a día.
Por iso, pedímosvos a vosa colaboración para que nos fagades chegar:
· Frases, comentarios ou ideas sobre a igualdade de xénero que escoitades con frecuencia.
· Mitos ou orenzas que consideredes importante aclarar ou traballar coas familias ou co alumnado.
Non é necesario elaborar textos longos: calquera achega, por pequena que pareza, é valiosa e axudaranos a construír unha guía próxima e representativa.
O formulario é o seguinte https://forms.gle/
Non leva más de 5 minutos responder. O prazo para facer achegas remata o 14 de Febreiro.
Grazas polo voso tempo, pola vosa implicación e polo papel tan importante que desempeñades na promoción da igualdade nas nosas comunidades educativas.
Un saúdo agarimoso,
luns, 12 de xaneiro de 2026
Charla sobre Convivencia Escolar
Xornada acompañemento Altas Capacidades
O próximo sábado 21 de marzo de 2026, terá lugar unha nova xornada de acompañamento ás Altas Capacidades, con motivo do seu día internacional, no CPR San José de Lugo. Trátase do evento anual que realiza a Asociación Intelecto.
venres, 19 de decembro de 2025
Felices festas!!
Dende a ANPA do CEIP Xosé Luís Taboada queremos desexar a todas as familias un,
Bo Nadal e un próspero Ano Novo!!.
Que este tempo de celebracións sexa unha oportunidade para compartir, coidar as boas relacións e reforzar valores como o respecto, a convivencia e a colaboración, tan importantes na nosa comunidade educativa.
Desexamos que o 2026 veña cargadiño de momentos felices, de ilusións renovadas e de moitas cousas bonitas por descubrir, sempre camiñando xuntos polo ben das nosas nenas e nenos.
Grazas pola vosa colaboración e confianza ao longo do ano!
Vemonos no segundo trimestre coas pilas recargadas!
Un saúdo,
A Directiva da ANPA.
Programa Nadal
Programa para este Nadal do Concello de Carballedo:
Este sábado día 20, ás 18.00h, nenos e nenas do cole farán unha representación de teatro, con un pouco de nerviosismo pero con moita ilusión, sobre o verdadeiro significado do Nadal.
Agardamos que vos guste!!
xoves, 18 de decembro de 2025
Radio
mércores, 10 de decembro de 2025
Torneo Xadrez
sábado, 29 de novembro de 2025
martes, 18 de novembro de 2025
Xornada de Benestar Emocional na Adolescencia
Boas tardes familias!!
A Xunta organiza unha xornada de formación para familias sobre benestar emocional na adolescencia, baixo o título A familia como base do crecemento persoal e emocional, a actividade abordará aspectos como o establecemento de límites para os rapaces ou o uso responsable das novas tecnoloxías. A sesión terá lugar no Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago e a inscrición, aberta a calquera persoa interesada, pode facerse de balde no Portal Educativo ata esgotar as prazas.
A xornada, comezará ás 10,00 horas do sábado 29 de novembro, contará coa participación de tres expertos na materia como Alexandre García Caballero, doutor en Psiquiatría e especialista no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que abrirá a formación co relatorio Axudando a crecer cando cambian os marcos ás 10,30 horas, ou Selva Orejón, consultora en ciberseguridade e identidade dixital e perito xudicial, directora executiva de OnBranding, que será responsable da charla Como ensinar ás túas fillas e fillos a usar a tecnoloxía de forma segura e responsable ás 11,30 horas. O programa péchase con Amor e límites para axudar ao teu adolescente ás 12,30 horas a cargo de María Velasco Ghisleri, especialista en Psicoterapia Integradora e Psicoterapia do Neno e do Adolescente.
A xornada celébrase no marco das melloras que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional está a realizar no modelo de ensino híbrido de Galicia, que inclúe accións formativas dirixidas ás familias coa finalidade de reforzar o seu coñecemento dixital e axudalas no labor de acompañamento aos seus fillos.
A actividade forma parte tamén da Estratexia galega de convivencia escolar 2025 e súmase a outras accións como o novo programa Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade que vén de poñer en marcha o Goberno galego.
Competencias Dixitais
Coa axuda de FAPACEL difundimos iniciativas que achegan oportunidades de formación ás familias do rural, especialmente en competencias dixitais, un ámbito clave para reducir a brecha existente entre territorios. Por iso compartimos esta nova proposta formativa, dirixida a diferentes perfís e pensada para facilitar o acceso a coñecementos útiles e actuais.
luns, 17 de novembro de 2025
Obradoiro
Guia en materia de Igualdade realizada por ANPAS GALEGAS
"Redes Sociais e Igualdade"
Día: 28 novembro ás 17.00h
Lugar: Rúa Estocolmo Nª8 baixo, Santiago de Compostela (Sede ANPAS GALEGAS)
LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://forms.gle/Wu4NYywYcySKuoeM6
Obradoiro Emocionate con nós
Bo día familias!!
O venres 21 os nenos de 1º a 4º Ed. Primaria, terán un obradoiro sobre emocións, como recoñecelas e xestionalas, recursos; empatía, como poñela en práctica; resolución de conflitos, dinámicas para aprender as bases para resolvelos de forma asertiva, entre outras actividades interactivas.
Horario: de 12.30 a 14.00h
Levado a cabo gracias a FAPACEL.
Impartido por ASOC. Guillen Veiga Iglesias
Resumo Actividades Igualdade
Boas tardes familias!
Rematadas as actividades promovidas pola Consellería de Igualdade, impartidas dende Coeduca, deixamos un vídeo resumo do ben que o pasaron.
Ver vídeo: https://drive.google.com/file/d/1yahF2c0LpT9cvAnD9IqP9rcTYOr99bxK/view?usp=drive_link
Recordade que hai fotos subidas a páxina web do centro tamén, deixovos o enlace: Inicio - Ceip Xosé Luis Taboada
Deixovos o resumo das actividades realizas que xa vos enviara.
O noso agradecemento para Pilar, Lorena, Sara e Beatriz!!
venres, 7 de novembro de 2025
mércores, 29 de outubro de 2025
FORMACIÓN REDES SOCIAIS E IGUALDADE
Dende a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unha formación en liña "Redes Sociais e Igualdade", formación relacionada coa guía de igualdade deste ano 2025 que podes consultar no seguinte enlace: https://www.anpasgalegas.gal/guias-de-igualdade/
martes, 28 de outubro de 2025
Charla Psicoloxía educativa nos centros escolares
Os días 21 e 22 de novembro vaise celebrar o curso “A psicoloxía educativa nos centros escolares: estratexias de intervención con familias, docentes e equipos interdisciplinarios. A escola que escoita”, organizado pola Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Celebrarase en modalidade presencial, no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.
O curso ten como obxectivos:
- Comprender desde a práctica os fundamentos da escola inclusiva e o papel do/a psicólogo/a educativo/a neste marco.
- Analizar as relacións e os entrecruzamentos entre psicoloxía e pedagoxía.
- Reflexionar criticamente sobre o uso do DSM-5 no ámbito escolar.
- Revisar de maneira crítica as achegas da psicoloxía das emocións para comprender a aprendizaxe e os vínculos na escola.
- Visibilizar o impacto da saúde mental na comunidade educativa: malestar de educadores/as, alumnado e familias.
- Fortalecer estratexias de traballo con familias, docentes e equipos interdisciplinarios.
- Favorecer a construción dun rol activo, crítico e humanista do/a psicólogo/a escolar.
Si é do teu interese asistir, é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 11 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.
Deixamos o enlace do programa: https://drive.google.com/file/d/1MBHVa5HNaWcqENC4KYwGOwE0Ge797TkT/view?usp=sharing
e do boletín: https://drive.google.com/file/d/1Ta-bpVTI-W8dzB0iDFSndk5VJA2JaGiv/view?usp=sharing
ENCONTRO INTERPROVINCIAL DO NORTE
Este ano celebra-se o “ENCONTRO INTERPROVINCIAL DO NORTE: o presente e o futuro da Enfermaría Escolar en España”.
Iste ten como obxetivo ofrecer un espazo de reflexión e actualización sobre a enfermaría escolar nacional, promovendo o intercambio de experiencias, fortalecendo as redes profesionais e o debate sobre os desfíos actuais e futuros da nosa profesión.
Adxuntamos o programa do mesmo:
- DATA: 12 de novembro
- LUGAR: Salón e Actos Hospital Universitario Lucus Augusti
- HORARIO: 16:00 a 20:00 horas
- INSCRICIÓN: ata o 07 de novembro a través do código QR impreso no programa que adxuntamos.
xoves, 16 de outubro de 2025
ComDix
Boas tardes familias!
Está aberto o prazo de inscrición para a obtención da certificación ComDix, nivel intermedio, certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración Galega.
Prazo aberto dende o martes 14 ata o luns 27 de outubro ambos inclusive.
O examen será o mércores 26 de novembro ás 10.00 (Carballedo)
venres 28 de novembro ás 10.00 (Chantada)
Pódese anotar noutras localidades se é do voso interese.
Deixo a páxina con máis información, e tamén onde poder anotarse.
É necesario rexistrarse con usuario na aula CeMit, están os pasos sinalados na páxina web.
Tamén podedes facer un exame de proba na mesma dirección online ou facer a súa formación de balde.
Inscrición nas probas ComDix nivel Intermedio - edición de novembro/decembro 2025 | CeMIT
Calquer dúbida estamos a vosa disposición.
Un saúdo.
mércores, 15 de outubro de 2025
Excursión Milhulloa
Bos días!
Hoxe foi unha mañá especial, eu creo que os peques pasárono en grande.
As monitoras, Carmela e Chusa, ensináronnos as instalacións, e explicáronnos como funciona a súa cooperativa.
Os nenos fixeron dous talleres, un sensorial, no que desenvolveron os cinco sentidos, mentres tocaban, degustaban, escoitaban e cheiraban os distintos aromas das plantas.
E outro, máis práctico, a elaboración dun dentífrico, seguiron paso a paso a elaboración para poder facer a súa pasta de dentes con aroma a menta.
Os nenos levan para casa a súa pasta e un obsequio por parte da cooperativa.
Esperamos que gozasen moito!!
Deixámosvos algunha foto
Link de acceso ás fotos (podedes ver e descargar):
https://drive.google.com/drive/folders/1_ImUTtT12JO5ZpT2SZcxRA-PqL3ihygX?usp=drive_link
luns, 13 de outubro de 2025
Actividades Igualdade
Boas tardes familias!!
Como xa vos informabamos na asemblea xeral de socios o pasado 6 de outubro. Os nenos levarán a cabo unha serie de actividades promovidas e financiadas pola Consellería de Igualdade.
Estas actividades serán os días, luns 27, martes 28 e mércores 29 de outubro e o venres 7 de novembro.
Desenvolveranse ao longo da mañá e farán distintos talleres como Publi-radio, baile coeducativo, teatro, cinema etc.
A maiores tamén haberá unha charla para os pais e nais do centro, iste ano como novidade será online para facilitar a conciliación das familias. Terá lugar o día 21 de outubro ás 19.00h . O link de acceso á reunión é: https://meet.google.com/zzf-zmid-kme
Esperamos que as gocen moito e sexan do seu interese!!
domingo, 12 de outubro de 2025
Excursión
Bo día familias!!
Este mércores día 15 os cativos irán de excursión.
Iremos a Milhulloa, en Palas de Rei.
Milhulloa é unha pequena cooperativa galega que cultiva, transforma e comercializa plantas medicinais ecolóxicas dende hai máis de 20 anos.
Alí os nenos e nenas visitarán as suas instalacións e levarán a cabo distintos obradoiros, entre os que destaca a elaboración artesán dun dentífrico.
Deixamos a súa páxina web por se queredes votar un ollo, Milhulloa - Milhulloa
Saímos do centro ás 10.00h e voltaremos para comer no centro.
Desexamos que o desfruten moito!!
venres, 10 de outubro de 2025
Formación Discapacidade COCEMFE-COGAMI
Dende COCEMFE-COGAMI convidanvos a participar en dúas accións formativas que se levarán a cabo proximamente e que están dirixidas a todas as persoas interesadas en mellorar a educación e o acompañamento de nenos/as e mozos/as.
👉 A participación é de balde.
👉 Para asistir, só é necesario inscribirse nas seguintes ligazóns (podedes facelo desde aquí ou desde o propio arquivo, como vos resulte máis cómodo):
xoves, 18 de setembro de 2025
Charla Bule Bule
Dende a Asociación Bule Bule informan de unha actividades de especial interés para familias y profesorado.
É unha charla dirixida por Javier Sepúlveda, mestre de Primaria, adulto con TDAH e divulgador en redes a través de "Cerebro Inquieto".
TDAH: Claves para la mejora del día a día escolar y familiar
Sábado 27 de septiembre, de 11:00h a 13:00h
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)
É unha oportunidade para coñecer estratexias e ferramentas útiles aplicables tanto na escola como na vida familiar, contribuíndo a unha mellor comprensión e acompañamento do alumnado con TDAH.
A actividade é gratuita e aberta a todas as persoas interesadas (con prioridade para socios de Bule Bule).
Inscricións: https://tdahclaves.eventbrite.
Actividade Formativa
Bo día!
Este próximo sábado, 20 de setembro de 9.00h a 14.00h, terá lugar unha charla formativa gratuíta
"Sexualidade na adolescencia" no Telecentro, en Chantada (Rúa Ribeira Sacra nº 2 Baixo)
Inscripcións: anpaxoanderequeixo@gmail.com
mércores, 17 de setembro de 2025
Probas Celga
A Xunta abriu o prazo dende este luns das solicitudes para ó acceso as probas de Celga 2, 3, e 4.
Realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
Prazo: dende o 15 de setembro ata o 3 de outubro.
Por se hai algunha familia interesada.
Enlace de acceso: Probas Celga 2, 3 e 4. Convocatoria - O Portal da Lingua Galega
Actividade Castro
Este sábado día 20/09/2025 a asociación de Castro organiza unha actividade lúdica para os cativos.
Horario: 12.00h a 21.00h
Prezo: 20e ou 25e en taquilla ese mesmo día.
Poderan participar tódalas idades, incluidos os de 0 a 3, con actividades específicas para eles.
A tarde terán unha merenda.
Enviose todo a información ós nenos.
Información: 666 803 137
domingo, 7 de setembro de 2025
Bono Concilia
O DOG publica a nova convocatoria do Bono Concilia Familia, que poderá solicitarse desde o vindeiro luns.
Un programa pensado para que os pais e as nais que traballan poidan atender as súas necesidades de conciliación de carácter puntual, por exemplo: por enfermidade ou cuestións laborais; ou durante os períodos de vacacións escolares. En 2024, este bono chegou a máis de 15.000 familias galegas. A Xunta de Galicia inviste máis de 2,5 M€ nesta nova convocatoria, que estará aberta ata o próximo 7 de outubro. Fai falta lembrar que o Bono Concilia Familia é unha achega económica directa destinada ás familias con fillos de ata 13 anos (nacidos entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021) e nas que ambos os proxenitores traballan, co obxectivo de contribuír a sufragar os custos dos servizos de conciliación como coidadores, ludotecas ou campamentos. Concretamente, o Bono Concilia Familia ofrece achegas económicas de ata 500 euros para a contratación dunha persoa a domicilio ou de 200 euros por persoa para sufragar os custos de recursos e servizos específicos como as ludotecas, os campamentos ou os espazos de lecer e actividades para nenos. A axuda cobre un máximo do 75% do servizo abonado pola familia, pero, como novidade nesta edición, amplíase ao 100% do servizo no caso de familias numerosas, familias monoparentais, familias acolledoras, familias con garda con fins adoptivos, familias nas que un ou varios fillos ou fillas convivientes teñan unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% ou familias vítimas de violencia de xénero.
xoves, 4 de setembro de 2025
Xogade
O inicio da tempada 2025/2026 de Xogade comeza hoxe día 4 de setembro.
Adxuntase circular de inicio, Preguntas frecuentes e demais información no seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1eW-HxSzwqIxycJFD97vNzgSKxA1Ikb3g?usp=drive_link
Tamén podedes consultar a súa páxina web: https://xogade.xunta.gal
Calquer dúbida estamos a vosa disposición.
Un saúdo.
-
Bos días! Hoxe foi unha mañá especial, eu creo que os peques pasárono en grande. As monitoras, Carmela e Chusa, ensináronnos as instalación...
-
Benvidos ó blog do Anpa! Ola a todas as familias! Alégranos darvos a benvida a este novo espazo de comunicación e participación do ANP...
-
Bo día familias!! Compartímos o enlace da cuña de radio que elaboraron, gravaron e locutaron os cativos durante a actividade de Igualdad...