martes, 18 de novembro de 2025

Xornada de Benestar Emocional na Adolescencia

 Boas tardes familias!!

A Xunta organiza unha xornada de formación para familias sobre benestar emocional na adolescencia, baixo o título A familia como base do crecemento persoal e emocional, a actividade abordará aspectos como o establecemento de límites para os rapaces ou o uso responsable das novas tecnoloxías. A sesión terá lugar no Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago e a inscrición, aberta a calquera persoa interesada, pode facerse de balde no Portal Educativo ata esgotar as prazas.

A xornada, comezará ás 10,00 horas do sábado 29 de novembro, contará coa participación de tres expertos na materia como Alexandre García Caballero, doutor en Psiquiatría e especialista no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que abrirá a formación co relatorio Axudando a crecer cando cambian os marcos ás 10,30 horas, ou Selva Orejón, consultora en ciberseguridade e identidade dixital e perito xudicial, directora executiva de OnBranding, que será responsable da charla Como ensinar ás túas fillas e fillos a usar a tecnoloxía de forma segura e responsable ás 11,30 horas. O programa péchase con Amor e límites para axudar ao teu adolescente ás 12,30 horas a cargo de María Velasco Ghisleri, especialista en Psicoterapia Integradora e Psicoterapia do Neno e do Adolescente.

A xornada celébrase no marco das melloras que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional está a realizar no modelo de ensino híbrido de Galicia, que inclúe accións formativas dirixidas ás familias coa finalidade de reforzar o seu coñecemento dixital e axudalas no labor de acompañamento aos seus fillos.

A actividade forma parte tamén da Estratexia galega de convivencia escolar 2025 e súmase a outras accións como o novo programa Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade que vén de poñer en marcha o Goberno galego.


Máis información: A Xunta organiza unha xornada de formación para familias sobre benestar emocional na adolescencia | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xornada de Benestar Emocional na Adolescencia

 Boas tardes familias!! A Xunta organiza unha xornada de formación para familias sobre benestar emocional na adolescencia, b aixo o título  ...