Inscricións abertas para a proxima tempada:
luns, 22 de xuño de 2026
Fin de Curso
Despedimos o curso cun día moi especial
Chega o final de curso e, con el, o momento de facer balance de todos os momentos compartidos ao longo destes meses. Dende a ANPA queremos agradecer a participación das familias, a colaboración do colexio e, sobre todo, a ilusión dos nenos e nenas, que fan que cada actividade teña sentido.
Na festa de fin de curso vivimos unha xornada moi bonita, chea de alegría, xogos, risas e momentos compartidos. Os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron despedir o curso dunha maneira especial, gozando cos seus compañeiros e compañeiras antes das merecidas vacacións.
Un dos momentos máis emotivos foi a entrega dos diplomas de graduación ao alumnado de 6º de Primaria, acompañados dun pequeno detalle. Para eles e elas comeza agora unha nova etapa, chea de cambios, aprendizaxes e novas experiencias. Dende aquí queremos desexarlles moitísima sorte no camiño que comezan. Estamos seguros de que levarán consigo todo o aprendido, os recordos vividos no colexio e o cariño de quen os acompañou durante estes anos.
Tamén queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias un feliz verán. Agardamos que estes meses sexan tempo de descanso, diversión, xogos, familia e amigos; que collan moita enerxía e que gocen de cada momento.
Grazas por formar parte desta pequena gran comunidade educativa.
Bo verán a todos e todas!
Diplomas: https://drive.google.com/drive/folders/1NSYWpN_iPrJiOxVtgYy7nJCH4vFuaBX7?usp=drive_link
Fin de Curso
No último día de curso tamén tivemos a sorte de gozar de dúas actividades moi especiais, pensadas para despedir estes meses dunha maneira divertida, participativa e chea de ilusión.
Compartimos a continuación os carteis destas actividades, que puxeron o broche final a un curso cheo de aprendizaxes, convivencia e momentos compartidos.
martes, 28 de abril de 2026
Xornada de Tecnificación
X XORNADA DE TECNIFICACIÓN FUTBOLINLUGO
https://docs.google.com/forms/d/15qaLK6iqa30iNEZ7Oy9M2CKr0gnVF53VZ7ec-E8zAc0/edit?chromeless=1
luns, 20 de abril de 2026
Verán Activo
Modo Verán Activo: Actividades para a mocidade de 9 a 30 anos
Acción de Verán 2026
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema Modo verán activo, a Campaña de Verán de 2026 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia.
- Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
- Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
- Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
- Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.
Serán, en total, 11.932 prazas destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.
En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polas prazas do procedemento xeral ou polas prazas reservadas para inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.
Máis información: Acción de verán | Dirección Xeral de Xuventude
Persoas destinatarias
Poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia que cumpran os seguintes requisitos de idade:
- Ter, como mínimo, 9 anos (persoas nacidas no ano 2017).
- Non ter cumpridos os 18 anos antes da finalización do campamento.
Servizos incluídos nos campamentos
As persoas participantes disporán de:
- Programación de actividades recreativas, culturais e deportivas.
- Aloxamento en instalacións axeitadas (albergues, campamentos ou outros equipamentos).
- Pensión completa durante toda a estancia.
- Material necesario para o desenvolvemento das actividades.
- Persoal monitor especializado.
- Seguro de accidentes e cobertura de primeiros auxilios.
Período de realización
Os campamentos desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2026.
Procedemento de solicitude
A presentación de solicitudes deberá realizarse exclusivamente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Cada persoa solicitante poderá:
- Presentar unha única solicitude.
- Seleccionar ata un máximo de cinco campamentos, ordenados por preferencia
Prazo de presentación
O prazo de solicitude será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, iniciándose o 16 de abril de 2026.
Sistema de adxudicación de prazas
A adxudicación das prazas realizarase mediante un sorteo informático.
Así mesmo:
- Estableceranse listas de agarda.
- Terán prioridade as persoas que non participasen na edición do ano 2025.
Medidas de inclusión
Reservaranse prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
As persoas solicitantes poderán optar entre:
- O procedemento xeral.
- O procedemento específico de inclusión.
Cotas de participación
O importe da participación variará en función do tipo de campamento. A modo orientativo:
- Aproximadamente 148 €
- Aproximadamente 193 €
- Aproximadamente 284 € (no caso de intercambios fóra de Galicia)
Modalidades de campamentos
Contémplanse as seguintes tipoloxías:
- Campamentos dentro do territorio de Galicia.
- Minicampamentos baixo o programa “Coñece Galicia”.
- Intercambios con outras comunidades autónomas (por exemplo, co País Vasco).
xoves, 12 de febreiro de 2026
Obradoiro: Hábitos de vida Saudables
Boas tardes familias!!
O día venres 20 de febreiro os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terán unha charla sobre:
"Saúde Emocional e Hábitos de Vida Saudables na Escola"
Esta charla está promovida por FAPACEL, o seu obxectivo é promover o benestar emocional e os hábitos de vida saudables entre o mediante intervencións educativas, vai estar liderada por Martín González Folgueira, profesional de enfermería.
E con ela pretendese:
- Favorecer a identificación e expresión
adecuada das emocións.
- Fomentar
a autoestima, a empatía e as habilidades sociais.
- Sensibilizar sobre a importancia do soño, a
alimentación equilibrada, a actividade
física e o uso responsable das pantallas.
- Previr
condutas de risco desde idades temperás.
martes, 20 de xaneiro de 2026
Guía "Mitos sobre a Igualdade"
Dende a Federación, en coordinación con ANPAS GALEGAS, queremos contarvos que ao longo do ano 2026 se vai elaborar a guía “Mitos sobre a Igualdade”, un recurso pensado para apoiar o traballo que xa realizades cos centros educativos e coas familias.
O obxectivo desta guía é identificar e desmontar algúns dos mitos máis estendidos sobre a igualdade de xénero, que adoitan aparecer nas conversas cotiás, nas redes sociais ou no ámbito educativo, e que ás veces dificultan avanzar cara a unha educación máis xusta e igualitaria.
Para que esta guía sexa realmente útil e conecte coa realidade dos centros, a participación das ANPAS e das familias que a compoñen é fundamental. Queremos que os contidos partan do que vós detectades no día a día.
Por iso, pedímosvos a vosa colaboración para que nos fagades chegar:
· Frases, comentarios ou ideas sobre a igualdade de xénero que escoitades con frecuencia.
· Mitos ou orenzas que consideredes importante aclarar ou traballar coas familias ou co alumnado.
Non é necesario elaborar textos longos: calquera achega, por pequena que pareza, é valiosa e axudaranos a construír unha guía próxima e representativa.
O formulario é o seguinte https://forms.gle/
Non leva más de 5 minutos responder. O prazo para facer achegas remata o 14 de Febreiro.
Grazas polo voso tempo, pola vosa implicación e polo papel tan importante que desempeñades na promoción da igualdade nas nosas comunidades educativas.
Un saúdo agarimoso,
xoves, 18 de decembro de 2025
Radio
luns, 17 de novembro de 2025
Obradoiro Emocionate con nós
Bo día familias!!
O venres 21 os nenos de 1º a 4º Ed. Primaria, terán un obradoiro sobre emocións, como recoñecelas e xestionalas, recursos; empatía, como poñela en práctica; resolución de conflitos, dinámicas para aprender as bases para resolvelos de forma asertiva, entre outras actividades interactivas.
Horario: de 12.30 a 14.00h
Levado a cabo gracias a FAPACEL.
Impartido por ASOC. Guillen Veiga Iglesias
Resumo Actividades Igualdade
Boas tardes familias!
Rematadas as actividades promovidas pola Consellería de Igualdade, impartidas dende Coeduca, deixamos un vídeo resumo do ben que o pasaron.
Ver vídeo: https://drive.google.com/file/d/1yahF2c0LpT9cvAnD9IqP9rcTYOr99bxK/view?usp=drive_link
Recordade que hai fotos subidas a páxina web do centro tamén, deixovos o enlace: Inicio - Ceip Xosé Luis Taboada
Deixovos o resumo das actividades realizas que xa vos enviara.
O noso agradecemento para Pilar, Lorena, Sara e Beatriz!!
mércores, 17 de setembro de 2025
Actividade Castro
Este sábado día 20/09/2025 a asociación de Castro organiza unha actividade lúdica para os cativos.
Horario: 12.00h a 21.00h
Prezo: 20e ou 25e en taquilla ese mesmo día.
Poderan participar tódalas idades, incluidos os de 0 a 3, con actividades específicas para eles.
A tarde terán unha merenda.
Enviose todo a información ós nenos.
Información: 666 803 137
xoves, 4 de setembro de 2025
Xogade
O inicio da tempada 2025/2026 de Xogade comeza hoxe día 4 de setembro.
Adxuntase circular de inicio, Preguntas frecuentes e demais información no seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1eW-HxSzwqIxycJFD97vNzgSKxA1Ikb3g?usp=drive_link
Tamén podedes consultar a súa páxina web: https://xogade.xunta.gal
Calquer dúbida estamos a vosa disposición.
Un saúdo.
luns, 7 de abril de 2025
Charla Colexio de Traballadores Sociais
Bo día,
Lembramos que mañán día 08/04/2025, os cativos de 5º e 6º de primaria terán unha charla a cargo do colexio de traballadores sociais, tras asinar un convenio con ANPAS Galegas.
A actividade consistirá nunha charla para promover o respecto e igualdade das persoas no ámbito educativo.
Tamén explicarán as súas funcións, coñecer os servizos sociais, etc.
Desexamos que sexa do seu agrado.
luns, 10 de marzo de 2025
Actividades
Boas tardes!!
Lembramos que o próximo luns o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria terá unha actividade " O ritmo das erres" ás 11.40h da mañán financiada por FAPACEL.
Esperamos que o desfruten!!
Benvida ao novo curso escolar
Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión, ganas e novos retos por diante. Dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas as familia...
-
Bos días! Hoxe foi unha mañá especial, eu creo que os peques pasárono en grande. As monitoras, Carmela e Chusa, ensináronnos as instalación...
-
Bo día familias!! Compartímos o enlace da cuña de radio que elaboraron, gravaron e locutaron os cativos durante a actividade de Igualdad...
-
Boas tardes familias!! Como xa vos informabamos na asemblea xeral de socios o pasado 6 de outubro. Os nenos levarán a cabo unha serie de act...