venres, 28 de febreiro de 2025

Circular

 Bo día!! 

Esperamos que hoxe os cativos desfruten do desfile de entroido que faran polas rúas do Concello! 😊😊🎉

Aproveito para informar, que hoxe os cativos levaran a casa unha circular informativa sobre o proceso de eleccións para a xunta directiva que terá lugar o 31 de marzo en asemblea extraordinaria. 

Na circular esta todo o proceso explicado, calquer dúbida podedesnos consultar por calquera dos medios dispoñíbles. 

Esperamos a vosa participación!!



luns, 24 de febreiro de 2025

Entroido


 Bo dia! 

Lembramos que hoxe da comezo a semana do meco.

Polo que cun mandilon e un pano na cabeza os cativos irán! 🎉🎉🤠🪖🎩👲🏼🏴‍☠️




sábado, 22 de febreiro de 2025

Benvidas/os!!


 



Benvidos ó blog do Anpa!

Ola a todas as familias! Alégranos darvos a benvida a este novo espazo de comunicación e participación do ANPA Xose Luis Taboada.

Creamos este blog coa intención de mantervos informados sobre as actividades, proxectos e iniciativas que levamos a cabo, así como para facilitar a comunicación entre as familias e o ANPA.

A vosa implicación é clave para mellorar a vida escolar dos nosos fillos e fillas. A través deste blog, queremos ofrecer unha canle aberta onde compartir ideas, resolver dúbidas e traballar xuntos en beneficio de toda a comunidade educativa. Aquí publicaremos noticias, eventos, convocatorias de reunións, información relevante sobre educación e, por suposto, vosas suxestións serán sempre benvidas! Animámosvos a seguirnos, participar activamente e compartir este blog con outras familias. Xuntos podemos facer grandes cousas polo benestar dos nosos fillos e fillas no colexio.
Grazas por formar parte desta comunidade. Para calquera consulta ou suxestión, podedes escribirnos a anpaxoseluistaboada@gmail.com ou comentar nas nosas publicacións. Lémonos pronto!

Normativa Comedor

Novas medidas para unha alimentación máis saudable e sostible nos centros educativos A comezos deste mes de maio entra en aplicación no noso...