martes, 28 de abril de 2026

Normativa Comedor

Novas medidas para unha alimentación máis saudable e sostible nos centros educativos

A comezos deste mes de maio entra en aplicación no noso centro unha nova normativa que afecta á alimentación nos centros educativos: o Real Decreto 315/2025, do 15 de abril, polo que se establecen normas para fomentar unha alimentación saudable e sostible nos centros escolares.

Esta normativa desenvolve a Lei 17/2011, de seguridade alimentaria e nutrición, e ten como obxectivo mellorar a calidade dos menús escolares, promover hábitos de vida saudables desde a infancia e favorecer unha alimentación máis equilibrada, variada e respectuosa co medio ambiente.

O Real Decreto afecta aos centros educativos públicos, concertados e privados que imparten ensinanzas como Educación Infantil —segundo ciclo—, Educación Primaria, Educación Especial, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de grao básico e medio.

Entre as principais novidades, os menús escolares deberán incluír unha maior presenza de froitas, verduras, hortalizas, legumes, cereais preferentemente integrais e alimentos frescos e de tempada. Tamén se promoverá o consumo de produtos de proximidade e sostibles, así como técnicas culinarias máis saudables, como o forno, o vapor, o fervido ou a prancha.

A nova normativa establece tamén unhas frecuencias orientativas para garantir unha dieta máis equilibrada. Así, as legumes deberán ofrecerse unha ou dúas veces por semana, o peixe entre unha e tres veces, as ensaladas variadas de tres a catro veces e a froita fresca de catro a cinco veces por semana. Ademais, a auga será a bebida principal no comedor escolar.

Outra das medidas destacadas é a limitación dalgúns alimentos. As frituras só se poderán ofrecer como máximo unha vez por semana, mentres que os pratos precociñados, como pizzas, croquetas, canelóns, empanadillas ou rebozados, quedarán limitados a unha ración ao mes.

A norma tamén regula a oferta de alimentos e bebidas en cafeterías e máquinas expendedoras dos centros educativos, restrinxindo aqueles produtos cun alto contido en graxas saturadas, graxas trans, azucres ou sal. Ademais, non se permitirá a venda de produtos envasados con alto contido en cafeína nos espazos accesibles ao alumnado.

Outro aspecto importante é a atención á diversidade alimentaria. Os centros deberán dispoñer de menús especiais para o alumnado con alerxias, intolerancias ou outras necesidades acreditadas por motivos de saúde. Tamén se contemplan menús adaptados por motivos éticos ou relixiosos. As familias deberán recibir información clara e detallada sobre a planificación mensual dos menús, incluíndo ingredientes, técnicas de elaboración, guarnicións, salsas e alérxenos.

Desde a comunidade educativa valoramos positivamente todas aquelas medidas que contribúan ao benestar dos nenos e nenas. Unha alimentación adecuada non só favorece a saúde, senón tamén o desenvolvemento, a concentración e a aprendizaxe diaria.

Con esta nova normativa, os comedores escolares avanzan cara a un modelo máis saudable, sostible e educativo, no que a alimentación se converte tamén nunha ferramenta para aprender bos hábitos desde idades temperás.

Enlace BOE: Disposición 7659 del BOE núm. 92 de 2025

Xornada de Tecnificación

             

 

                X XORNADA DE TECNIFICACIÓN FUTBOLINLUGO


https://docs.google.com/forms/d/15qaLK6iqa30iNEZ7Oy9M2CKr0gnVF53VZ7ec-E8zAc0/edit?chromeless=1

luns, 20 de abril de 2026

Verán Activo

 

Modo Verán Activo: Actividades para a mocidade de 9 a 30 anos

Acción de Verán 2026

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema Modo verán activo, a Campaña de Verán de 2026 da Xunta de Galicia   oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
  • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.

Serán, en total, 11.932 prazas destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.

En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polas prazas do procedemento xeral ou polas prazas reservadas para inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

Máis información: Acción de verán | Dirección Xeral de Xuventude

DOG 69 do 15/4/2026 - ORDE do 30 de marzo de 2026 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2026 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS303A).

Persoas destinatarias

Poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia que cumpran os seguintes requisitos de idade:

  • Ter, como mínimo, 9 anos (persoas nacidas no ano 2017).
  • Non ter cumpridos os 18 anos antes da finalización do campamento.

Servizos incluídos nos campamentos

As persoas participantes disporán de:

  • Programación de actividades recreativas, culturais e deportivas.
  • Aloxamento en instalacións axeitadas (albergues, campamentos ou outros equipamentos).
  • Pensión completa durante toda a estancia.
  • Material necesario para o desenvolvemento das actividades.
  • Persoal monitor especializado.
  • Seguro de accidentes e cobertura de primeiros auxilios.

Período de realización

Os campamentos desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2026.

Procedemento de solicitude

A presentación de solicitudes deberá realizarse exclusivamente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cada persoa solicitante poderá:

  • Presentar unha única solicitude.
  • Seleccionar ata un máximo de cinco campamentos, ordenados por preferencia

Prazo de presentación

O prazo de solicitude será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, iniciándose o 16 de abril de 2026.

Sistema de adxudicación de prazas

A adxudicación das prazas realizarase mediante un sorteo informático.

Así mesmo:

  • Estableceranse listas de agarda.
  • Terán prioridade as persoas que non participasen na edición do ano 2025.

Medidas de inclusión

Reservaranse prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

As persoas solicitantes poderán optar entre:

  • O procedemento xeral.
  • O procedemento específico de inclusión.

Cotas de participación

O importe da participación variará en función do tipo de campamento. A modo orientativo:

  • Aproximadamente 148 €
  • Aproximadamente 193 €
  • Aproximadamente 284 € (no caso de intercambios fóra de Galicia)

Modalidades de campamentos

Contémplanse as seguintes tipoloxías:

  • Campamentos dentro do territorio de Galicia.
  • Minicampamentos baixo o programa “Coñece Galicia”.
  • Intercambios con outras comunidades autónomas (por exemplo, co País Vasco).





Deducción Declaración Renta

Deducción por material escolar na declaración da renda en Galicia

Sabías que podes recuperar parte do gasto en libros e material escolar?
Na 𝐝𝐞𝐜𝐥𝐚𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐫𝐞𝐧𝐝𝐚, a Xunta de Galicia aplica unha 𝐝𝐞𝐝𝐮𝐜𝐢ó𝐧 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐧ó𝐦𝐢𝐜𝐚:
Que podes deducir?
𝐎 𝟏𝟓% 𝐝𝐨𝐬 𝐠𝐚𝐬𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐭𝐞𝐱𝐭𝐨 𝐞 𝐦𝐚𝐭𝐞𝐫𝐢𝐚𝐥 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫
Ata un 𝐦á𝐱𝐢𝐦𝐨 aproximado de 𝟏𝟎𝟓 € 𝐩𝐨𝐫 𝐟𝐢𝐥𝐥𝐨/𝐚
Quen pode aplicala?
Familias con fillos en Primaria ou ESO
Con certos límites de renda
Con facturas a nome dun proxenitor
Que necesitas?
𝐅𝐚𝐜𝐭𝐮𝐫𝐚𝐬 dos gastos
**Este ano admitense os pagos en efectivo**
Importante:
Esta dedución 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐚𝐩𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐦𝐚𝐭𝐢𝐜𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐧𝐚 𝐫𝐞𝐧𝐝𝐚, tes que marcala ao facer a declaración.




Normativa Comedor

Novas medidas para unha alimentación máis saudable e sostible nos centros educativos A comezos deste mes de maio entra en aplicación no noso...