Amosando publicacións coa etiqueta FINDECURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FINDECURSO. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xuño de 2026

Fin de Curso

 

Despedimos o curso cun día moi especial

Chega o final de curso e, con el, o momento de facer balance de todos os momentos compartidos ao longo destes meses. Dende a ANPA queremos agradecer a participación das familias, a colaboración do colexio e, sobre todo, a ilusión dos nenos e nenas, que fan que cada actividade teña sentido.

Na festa de fin de curso vivimos unha xornada moi bonita, chea de alegría, xogos, risas e momentos compartidos. Os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron despedir o curso dunha maneira especial, gozando cos seus compañeiros e compañeiras antes das merecidas vacacións.

Un dos momentos máis emotivos foi a entrega dos diplomas de graduación ao alumnado de 6º de Primaria, acompañados dun pequeno detalle. Para eles e elas comeza agora unha nova etapa, chea de cambios, aprendizaxes e novas experiencias. Dende aquí queremos desexarlles moitísima sorte no camiño que comezan. Estamos seguros de que levarán consigo todo o aprendido, os recordos vividos no colexio e o cariño de quen os acompañou durante estes anos.

Tamén queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias un feliz verán. Agardamos que estes meses sexan tempo de descanso, diversión, xogos, familia e amigos; que collan moita enerxía e que gocen de cada momento.

Grazas por formar parte desta pequena gran comunidade educativa.

Bo verán a todos e todas!

Diplomas: https://drive.google.com/drive/folders/1NSYWpN_iPrJiOxVtgYy7nJCH4vFuaBX7?usp=drive_link  

    
    


 

martes, 5 de maio de 2026

Excursión Fin de Curso

 

Excursión de fin de curso: un día inesquecible

Hoxe celebramos a nosa esperada excursión de fin de curso, co alumando de 5º e 6º, unha xornada moi especial na que se puido gozar, convivir e compartir momentos únicos fóra da aula.

Dende o primeiro momento, a ilusión notábase nas súas caras. A saída estivo chea de risas, xogos, compañeirismo e moitas anécdotas que seguro lembrarán durante moito tempo. Para moitos nenos e nenas, esta excursión foi unha forma perfecta de despedir o curso, gozando xunto cos seus compañeiros e compañeiras dunha experiencia diferente e moi divertida.

Durante o día participaron en distintas actividades, descubriron novos espazos e, sobre todo, gozaron da compañía das súas amizades. Foi unha xornada na que non faltaron a emoción, a alegría nin o bo ambiente.

Queremos agradecer ao colexio a súa colaboración e apoio para facer posible esta excursión. Tamén queremos destacar o traballo do ANPA na organización da saída e agradecer ás persoas que acompañaron aos nenos e nenas durante a xornada, coidando de que todo saíse ben e de que puidesen gozar dun día seguro, divertido e inesquecible.

Sen dúbida, esta excursión de fin de curso foi unha experiencia marabillosa para pechar o ano escolar da mellor maneira posible. Seguro que volveron á casa cun gran sorriso e moitos recordos que contar!

CAMPING PAISAXE II- A IGREXA, O GROVE




Fotos: 

https://drive.google.com/drive/folders/1mydjEp8E-oU_OIngtHbMr3rkfb8LIZtm?usp=drive_link

Benvida ao novo curso escolar

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión, ganas e novos retos por diante. Dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas as familia...