martes, 8 de setembro de 2026

Benvida ao novo curso escolar

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión, ganas e novos retos por diante. Dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas as familias que xa formades parte da nosa comunidade educativa e, dun xeito moi especial, ás novas familias e aos nenos e nenas que se incorporan este ano ao colexio.

Para os máis pequenos e pequenas, e tamén para quen chega por primeira vez ao centro, estes primeiros días son un momento cheo de emocións: nervios, curiosidade, ilusión e moitas ganas de descubrir novos espazos, compañeiros, compañeiras e mestres. Agardamos que axiña se sintan acollidos, acompañados e felices nesta nova etapa.

Comeza un tempo para aprender, compartir, xogar, medrar e vivir novas experiencias. Dende a ANPA seguiremos traballando con ilusión para colaborar co colexio, apoiar ás familias e promover actividades que enriquezan a vida escolar dos nosos nenos e nenas.

Desexamos que este curso veña cargado de bos momentos, aprendizaxes, amizade e participación. Que cada día sexa unha oportunidade para avanzar, descubrir e gozar xuntos desta pequena gran comunidade educativa.

Benvidos e benvidas ao novo curso!

Con moito agarimo,
A DIRECTIVA DA ANPA


luns, 7 de setembro de 2026

BONO CONCILIA FAMILIA 2026

 𝗕𝗢𝗡𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗜𝗟𝗜𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲

👨‍👩‍👧‍👦 𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔𝗦 𝗖𝗢𝗡 𝗡𝗘𝗖𝗘𝗦𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗜𝗟𝗜𝗔𝗖𝗜Ó𝗡
📌 𝗣𝗿𝗼𝗰𝗲𝗱𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼: 𝗕𝗦𝟰𝟭𝟮𝗔
💶 𝗤𝗨𝗘 𝗚𝗔𝗦𝗧𝗢𝗦 𝗣𝗢𝗗𝗘𝗡 𝗦𝗘𝗥 𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔𝗗𝗢𝗦?
🏠 𝗖𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼 𝗮 𝗱𝗼𝗺𝗶𝗰𝗶𝗹𝗶𝗼
Para a contratación de persoas coidadoras ou empregadas do fogar.
🏕️ 𝗥𝗲𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶ó𝗻
Campamentos, ludotecas e outros recursos colectivos de atención á infancia.
💰 𝗖𝗢𝗡𝗧Í𝗔𝗦
🔹 𝗔𝘁𝗮 𝟱𝟬𝟬 € por unidade familiar para coidados a domicilio.
🔹 𝗔𝘁𝗮 𝟮𝟬𝟬 € por menor para campamentos, ludotecas e outros recursos de conciliación.
⭐ Para determinados colectivos prioritarios, a axuda pode chegar ata o 𝟭𝟬𝟬 % do custo subvencionable.
👥 𝗤𝗨𝗘𝗡 𝗣𝗢𝗗𝗘 𝗦𝗢𝗟𝗜𝗖𝗜𝗧𝗔𝗟𝗔?
Pais, nais ou persoas titoras de menores que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria e residan en Galicia.
📅 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗢
🗓️ 𝗗𝗼 𝟵 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗮𝘀 𝟬𝟵:𝟬𝟬 𝗵.
➡️ 𝗔𝘁𝗮 𝗼 𝟵 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼 𝗮𝘀 𝟭𝟰:𝟬𝟬 𝗵.
💻 𝗣𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗲𝘅𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶𝘃𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗲𝗹𝗲𝗰𝘁𝗿ó𝗻𝗶𝗰𝗮.
📌 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗧𝗘
A solicitude debe presentarse dentro do prazo e acompañada da documentación que establece a convocatoria.
👉 𝗠𝗮𝗶́𝘀 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶ó𝗻: https://www.xunta.gal/.../AnuncioG0762-180826-0001_gl.html

ACCESO A UNHA PEQUENA GUIA E AS BASES:
https://drive.google.com/drive/folders/1yITt6K3RDMIr6SB3ivDlPD0g_Gvj9F9T?usp=drive_link

luns, 22 de xuño de 2026

Carballedo C.F.

 Inscricións abertas para a proxima tempada:




Actividade de Verán

 


Fin de Curso

 

Despedimos o curso cun día moi especial

Chega o final de curso e, con el, o momento de facer balance de todos os momentos compartidos ao longo destes meses. Dende a ANPA queremos agradecer a participación das familias, a colaboración do colexio e, sobre todo, a ilusión dos nenos e nenas, que fan que cada actividade teña sentido.

Na festa de fin de curso vivimos unha xornada moi bonita, chea de alegría, xogos, risas e momentos compartidos. Os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron despedir o curso dunha maneira especial, gozando cos seus compañeiros e compañeiras antes das merecidas vacacións.

Un dos momentos máis emotivos foi a entrega dos diplomas de graduación ao alumnado de 6º de Primaria, acompañados dun pequeno detalle. Para eles e elas comeza agora unha nova etapa, chea de cambios, aprendizaxes e novas experiencias. Dende aquí queremos desexarlles moitísima sorte no camiño que comezan. Estamos seguros de que levarán consigo todo o aprendido, os recordos vividos no colexio e o cariño de quen os acompañou durante estes anos.

Tamén queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias un feliz verán. Agardamos que estes meses sexan tempo de descanso, diversión, xogos, familia e amigos; que collan moita enerxía e que gocen de cada momento.

Grazas por formar parte desta pequena gran comunidade educativa.

Bo verán a todos e todas!

Diplomas: https://drive.google.com/drive/folders/1NSYWpN_iPrJiOxVtgYy7nJCH4vFuaBX7?usp=drive_link  

    
    


 

Fin de Curso

No último día de curso tamén tivemos a sorte de gozar de dúas actividades moi especiais, pensadas para despedir estes meses dunha maneira divertida, participativa e chea de ilusión.

Compartimos a continuación os carteis destas actividades, que puxeron o broche final a un curso cheo de aprendizaxes, convivencia e momentos compartidos.





venres, 22 de maio de 2026

BECA NEAE 26/27

Axudas destinadas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

- A alumnado con discapacidade, trastorno grave da conducta o da comunicación da linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades.

- Prazo de solicitude dende o 19 de maio ata o 10

de setembro de 2026.


Máis información en:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y=

ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html#que-personas


- Destinadas para educación infantil, educación primaria,

ESO, bacharelato, FP, FP Básica, e outros para o alumnado con discapacidade, TEA e trastorna grave da conducta o da comunicación do linguaxe.


- No caso de AACC destinadas a educación primaria, ESO, Bacharelato, FP Medio e Superior e ensinanzas artísticas profesionais.


mércores, 6 de maio de 2026

CARMINA BURANA 2026: CONVITE A PARTICIPAR NO CORO INFANTIL

 A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova pon en marcha un proxecto moi especial: a creación dun coro infantil para participar na interpretación da obra Carmina Burana, unha das composicións máis impactantes e emocionantes da música clásica, na que participarán case todas as coráis da provincia de Lugo.

Este proxecto nace coa vontade de achegar a música aos máis novos, ofrecerlles unha experiencia artística única e facerlles sentir parte dun gran espectáculo colectivo.

Cantar nun coro non é só aprender música: é compartir, escoitar, emocionarse e medrar en grupo.

Nenos e nenas de entre 7 e 15 anos

Non é necesario ter formación musical previa

Non hai límite de prazas

Non hai proba de acceso

Lugar dos ensaios:

Cidade de Lugo (localización concreta por confi rmar e comunicarase con antelación).

Ensaios:

Domingo 14 de xuño

Mañá: 10:00 – 12:00

Tarde: 16:00 – 19:00

Non será necesaria a permanencia durante todas as horas de ensaio. Mirararanse os seus números no comezo de cada ensaio.

Ensaio xeral:

Sábado 27 de xuño ás 11:00 h

Concertos:

Sábado 27 e domingo 28 de xuño (pola tarde)

Praza de Santa María, Lugo

Incrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSecQqBjOTu0IXP4qNsR6-eTKTfBiKtFplOrFdKZM6VrYCSMww/viewform?usp=publish-editor

Máis iforación: https://drive.google.com/file/d/1_Ta3Wxm2w58RQzLTZxo9L0oQJ4evO4YJ/view?usp=drive_link


Charla "Educación, Discapacidade e inclusión."

Dende o programa de Educación inclusiva de COCEMFE /COGAMI organizan a seguinte acción formativa destinada á comunidade escolar (Pais/nais e profesionais da educación).

Ofrecen unha oportunidade para contactar, coñecer e formarse en materia de inclusión educativa. Datos da Acción formativa:
    
    TÍTULO DA FORMACIÓN: Educación, Discapacidade e inclusión.
    DATA E HORARIO: 26 de maio, de 16:00 a 17:30.
    CONTIDOS DA FORMACIÓN: 
  • Discapacidade no ámbito educativo (Concepto, tipos, causas)
  • Inclusión no ámbito educativo: DUA.
  • Cuestión de dereitos.
    • Ciclos obligatorios e inclusión no sistema educativo.
    • Ciclos post obligatorios e inclusión no sistema educativo.
    
    PARTICIPA COMO PONENTE CONVIDADA ESPECIALISTA: Lara Crespo.
    PARTICIPA COMO TESTIMONIO DE EXPERIENCIA A COMPARTIR: Rocío Carrasco.
    
    DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: Luns 25 de maio.

martes, 5 de maio de 2026

Excursión Fin de Curso

 

Excursión de fin de curso: un día inesquecible

Hoxe celebramos a nosa esperada excursión de fin de curso, co alumando de 5º e 6º, unha xornada moi especial na que se puido gozar, convivir e compartir momentos únicos fóra da aula.

Dende o primeiro momento, a ilusión notábase nas súas caras. A saída estivo chea de risas, xogos, compañeirismo e moitas anécdotas que seguro lembrarán durante moito tempo. Para moitos nenos e nenas, esta excursión foi unha forma perfecta de despedir o curso, gozando xunto cos seus compañeiros e compañeiras dunha experiencia diferente e moi divertida.

Durante o día participaron en distintas actividades, descubriron novos espazos e, sobre todo, gozaron da compañía das súas amizades. Foi unha xornada na que non faltaron a emoción, a alegría nin o bo ambiente.

Queremos agradecer ao colexio a súa colaboración e apoio para facer posible esta excursión. Tamén queremos destacar o traballo do ANPA na organización da saída e agradecer ás persoas que acompañaron aos nenos e nenas durante a xornada, coidando de que todo saíse ben e de que puidesen gozar dun día seguro, divertido e inesquecible.

Sen dúbida, esta excursión de fin de curso foi unha experiencia marabillosa para pechar o ano escolar da mellor maneira posible. Seguro que volveron á casa cun gran sorriso e moitos recordos que contar!

CAMPING PAISAXE II- A IGREXA, O GROVE




Fotos: 

https://drive.google.com/drive/folders/1mydjEp8E-oU_OIngtHbMr3rkfb8LIZtm?usp=drive_link

sábado, 2 de maio de 2026

Menú Maio

 Bo día, familias:

Achegamos o menú correspondente ao mes de maio.

Aproveitamos tamén esta publicación para despedir con moito agarimo a M.ª Cruz, a nosa cociñeira do centro, que se xubila despois de máis de 40 anos traballando no colexio.

Desde a ANPA queremos agradecerlle todos estes anos de dedicación, coidado e compromiso coa comunidade educativa. Desexámoslle que desfrute moitísimo desta nova etapa que comeza.

Os pequenos e pequenas seguro que a van botar moito de menos!

Moitas grazas por todo, M.ª Cruz.





martes, 28 de abril de 2026

Normativa Comedor

Novas medidas para unha alimentación máis saudable e sostible nos centros educativos

A comezos deste mes de maio entra en aplicación no noso centro unha nova normativa que afecta á alimentación nos centros educativos: o Real Decreto 315/2025, do 15 de abril, polo que se establecen normas para fomentar unha alimentación saudable e sostible nos centros escolares.

Esta normativa desenvolve a Lei 17/2011, de seguridade alimentaria e nutrición, e ten como obxectivo mellorar a calidade dos menús escolares, promover hábitos de vida saudables desde a infancia e favorecer unha alimentación máis equilibrada, variada e respectuosa co medio ambiente.

O Real Decreto afecta aos centros educativos públicos, concertados e privados que imparten ensinanzas como Educación Infantil, segundo ciclo, Educación Primaria, Educación Especial, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de grao básico e medio.

Entre as principais novidades, os menús escolares deberán incluír unha maior presenza de froitas, verduras, hortalizas, legumes, cereais preferentemente integrais e alimentos frescos e de tempada. Tamén se promoverá o consumo de produtos de proximidade e sostibles, así como técnicas culinarias máis saudables, como o forno, o vapor, o fervido ou a prancha.

A nova normativa establece tamén unhas frecuencias orientativas para garantir unha dieta máis equilibrada. Así, as legumes deberán ofrecerse unha ou dúas veces por semana, o peixe entre unha e tres veces, as ensaladas variadas de tres a catro veces e a froita fresca de catro a cinco veces por semana. Ademais, a auga será a bebida principal no comedor escolar.

Outra das medidas destacadas é a limitación dalgúns alimentos. As frituras só se poderán ofrecer como máximo unha vez por semana, mentres que os pratos precociñados, como pizzas, croquetas, canelóns, empanadillas ou rebozados, quedarán limitados a unha ración ao mes.

A norma tamén regula a oferta de alimentos e bebidas en cafeterías e máquinas expendedoras dos centros educativos, restrinxindo aqueles produtos cun alto contido en graxas saturadas, graxas trans, azucres ou sal. Ademais, non se permitirá a venda de produtos envasados con alto contido en cafeína nos espazos accesibles ao alumnado.

Outro aspecto importante é a atención á diversidade alimentaria. Os centros deberán dispoñer de menús especiais para o alumnado con alerxias, intolerancias ou outras necesidades acreditadas por motivos de saúde. Tamén se contemplan menús adaptados por motivos éticos ou relixiosos. As familias deberán recibir información clara e detallada sobre a planificación mensual dos menús, incluíndo ingredientes, técnicas de elaboración, guarnicións, salsas e alérxenos.

Desde a comunidade educativa valoramos positivamente todas aquelas medidas que contribúan ao benestar dos nenos e nenas. Unha alimentación adecuada non só favorece a saúde, senón tamén o desenvolvemento, a concentración e a aprendizaxe diaria.

Con esta nova normativa, os comedores escolares avanzan cara a un modelo máis saudable, sostible e educativo, no que a alimentación se converte tamén nunha ferramenta para aprender bos hábitos desde idades temperás.

Enlace BOE: Disposición 7659 del BOE núm. 92 de 2025

Xornada de Tecnificación

             

 

                X XORNADA DE TECNIFICACIÓN FUTBOLINLUGO


https://docs.google.com/forms/d/15qaLK6iqa30iNEZ7Oy9M2CKr0gnVF53VZ7ec-E8zAc0/edit?chromeless=1

luns, 20 de abril de 2026

Verán Activo

 

Modo Verán Activo: Actividades para a mocidade de 9 a 30 anos

Acción de Verán 2026

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema Modo verán activo, a Campaña de Verán de 2026 da Xunta de Galicia   oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
  • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.

Serán, en total, 11.932 prazas destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.

En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polas prazas do procedemento xeral ou polas prazas reservadas para inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

Máis información: Acción de verán | Dirección Xeral de Xuventude

DOG 69 do 15/4/2026 - ORDE do 30 de marzo de 2026 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2026 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS303A).

Persoas destinatarias

Poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia que cumpran os seguintes requisitos de idade:

  • Ter, como mínimo, 9 anos (persoas nacidas no ano 2017).
  • Non ter cumpridos os 18 anos antes da finalización do campamento.

Servizos incluídos nos campamentos

As persoas participantes disporán de:

  • Programación de actividades recreativas, culturais e deportivas.
  • Aloxamento en instalacións axeitadas (albergues, campamentos ou outros equipamentos).
  • Pensión completa durante toda a estancia.
  • Material necesario para o desenvolvemento das actividades.
  • Persoal monitor especializado.
  • Seguro de accidentes e cobertura de primeiros auxilios.

Período de realización

Os campamentos desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2026.

Procedemento de solicitude

A presentación de solicitudes deberá realizarse exclusivamente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cada persoa solicitante poderá:

  • Presentar unha única solicitude.
  • Seleccionar ata un máximo de cinco campamentos, ordenados por preferencia

Prazo de presentación

O prazo de solicitude será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, iniciándose o 16 de abril de 2026.

Sistema de adxudicación de prazas

A adxudicación das prazas realizarase mediante un sorteo informático.

Así mesmo:

  • Estableceranse listas de agarda.
  • Terán prioridade as persoas que non participasen na edición do ano 2025.

Medidas de inclusión

Reservaranse prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

As persoas solicitantes poderán optar entre:

  • O procedemento xeral.
  • O procedemento específico de inclusión.

Cotas de participación

O importe da participación variará en función do tipo de campamento. A modo orientativo:

  • Aproximadamente 148 €
  • Aproximadamente 193 €
  • Aproximadamente 284 € (no caso de intercambios fóra de Galicia)

Modalidades de campamentos

Contémplanse as seguintes tipoloxías:

  • Campamentos dentro do territorio de Galicia.
  • Minicampamentos baixo o programa “Coñece Galicia”.
  • Intercambios con outras comunidades autónomas (por exemplo, co País Vasco).





Deducción Declaración Renta

Deducción por material escolar na declaración da renda en Galicia

Sabías que podes recuperar parte do gasto en libros e material escolar?
Na 𝐝𝐞𝐜𝐥𝐚𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐫𝐞𝐧𝐝𝐚, a Xunta de Galicia aplica unha 𝐝𝐞𝐝𝐮𝐜𝐢ó𝐧 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐧ó𝐦𝐢𝐜𝐚:
Que podes deducir?
𝐎 𝟏𝟓% 𝐝𝐨𝐬 𝐠𝐚𝐬𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐭𝐞𝐱𝐭𝐨 𝐞 𝐦𝐚𝐭𝐞𝐫𝐢𝐚𝐥 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫
Ata un 𝐦á𝐱𝐢𝐦𝐨 aproximado de 𝟏𝟎𝟓 € 𝐩𝐨𝐫 𝐟𝐢𝐥𝐥𝐨/𝐚
Quen pode aplicala?
Familias con fillos en Primaria ou ESO
Con certos límites de renda
Con facturas a nome dun proxenitor
Que necesitas?
𝐅𝐚𝐜𝐭𝐮𝐫𝐚𝐬 dos gastos
**Este ano admitense os pagos en efectivo**
Importante:
Esta dedución 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐚𝐩𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐦𝐚𝐭𝐢𝐜𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐧𝐚 𝐫𝐞𝐧𝐝𝐚, tes que marcala ao facer a declaración.




xoves, 12 de febreiro de 2026

Obradoiro: Hábitos de vida Saudables

 Boas tardes familias!! 

O día venres 20 de febreiro os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terán unha charla sobre:

"Saúde Emocional e Hábitos de Vida Saudables na Escola"

Esta charla está promovida por FAPACEL, o seu obxectivo é promover o benestar emocional e os hábitos de vida saudables entre o mediante intervencións educativas, vai estar liderada por Martín González Folgueira, profesional de enfermería.

E con ela pretendese:

 - Favorecer a identificación e expresión adecuada das emocións.

 - Fomentar a autoestima, a empatía e as habilidades sociais.

 - Sensibilizar sobre a importancia do soño, a alimentación equilibrada, a  actividade física e o uso responsable das pantallas.

 - Previr condutas de risco desde idades temperás.


luns, 2 de febreiro de 2026

Semana de Entroido

 Boas tardes, mandamos o mandato do meco, que este ano ten como temática O mar.

Dará comezo o proximo luns 9 de febreiro, e remata o venres 13 co desfile dos nenos/as polas rúas do Concello. 

Esperemos que o tempo acompañe e que os cativos o desfruten moito!! 



Menú Febreiro

 


xoves, 22 de xaneiro de 2026

Xornadas Atención á Diversidade

Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade. 

Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h





ALERTA METEOROLOXICA

 Suspensión de clases e transporte escolar na xornada de maña día 23/01/2026 por alerta laranxa. 

Enlace Xunta para máis información: Tablón de alertas meteorológicas | Política Social


Acta da comisión de alertas escolar do día de hoxe 22/01/26: acta-comision-alertas-escolares-22_xaneiro_2026_0.pdf


Protocolo: PROTOCOLO ALERTAS




Aberto Prazo Matrícula

 As familias galegas poderán solicitar praza escolar para o vindeiro curso entre o 1 e o 20 de marzo de 2026. Este prazo serve tanto para o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo como para aqueles que queiran cambiar de centro, sempre que haxa prazas dispoñibles. Antes diso, do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro estará aberto o período de reserva de praza para o alumnado que remata etapa e pasa ao seu centro adscrito. As listaxes provisionais de admitidos publicarase o 24 de abril e as definitivas o 15 de maio, e a matrícula formalizarase entre o 20 e o 30 de xuño para Infantil e Primaria, e do 23 de xuño ao 7 de xullo para ESO e Bacharelato.

Máis información: Las familias gallegas podrán solicitar plaza escolar para sus hijos el próximo curso entre el 1 y el 20 de marzo - Xunta de Galicia

martes, 20 de xaneiro de 2026

Boletín Cultural

 Boletín Cultural Lugo VENRES 16/01 A XOVES 22/01

https://drive.google.com/file/d/1JbsZ0g3Y5otmHVWZwDLts6pe9I2jmHdd/view?usp=drive_link



Guía "Mitos sobre a Igualdade"

Dende a Federación, en coordinación con ANPAS GALEGAS, queremos contarvos que ao longo do ano 2026 se vai elaborar a guía “Mitos sobre a Igualdade”, un recurso pensado para apoiar o traballo que xa realizades cos centros educativos e coas familias.

O obxectivo desta guía é identificar e desmontar algúns dos mitos máis estendidos sobre a igualdade de xénero, que adoitan aparecer nas conversas cotiás, nas redes sociais ou no ámbito educativo, e que ás veces dificultan avanzar cara a unha educación máis xusta e igualitaria.

Para que esta guía sexa realmente útil e conecte coa realidade dos centros, a participación das ANPAS e das familias que a compoñen é fundamental. Queremos que os contidos partan do que vós detectades no día a día.

Por iso, pedímosvos a vosa colaboración para que nos fagades chegar:

·         Frases, comentarios ou ideas sobre a igualdade de xénero que escoitades con frecuencia.

·         Mitos ou orenzas que consideredes importante aclarar ou traballar coas familias ou co alumnado.

Non é necesario elaborar textos longos: calquera achega, por pequena que pareza, é valiosa e axudaranos a construír unha guía próxima e representativa.

O formulario é o seguinte https://forms.gle/o1qyahhoxKHyzPak9

Non leva más de 5 minutos responder. O prazo para facer achegas remata o 14 de Febreiro.

Grazas polo voso tempo, pola vosa implicación e polo papel tan importante que desempeñades na promoción da igualdade nas nosas comunidades educativas.

Un saúdo agarimoso,

Benvida ao novo curso escolar

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión, ganas e novos retos por diante. Dende a ANPA queremos darvos a benvida a todas as familia...