mércores, 6 de maio de 2026

Charla "Educación, Discapacidade e inclusión."

Dende o programa de Educación inclusiva de COCEMFE /COGAMI organizan a seguinte acción formativa destinada á comunidade escolar (Pais/nais e profesionais da educación).

Ofrecen unha oportunidade para contactar, coñecer e formarse en materia de inclusión educativa. Datos da Acción formativa:
    
    TÍTULO DA FORMACIÓN: Educación, Discapacidade e inclusión.
    DATA E HORARIO: 26 de maio, de 16:00 a 17:30.
    CONTIDOS DA FORMACIÓN: 
  • Discapacidade no ámbito educativo (Concepto, tipos, causas)
  • Inclusión no ámbito educativo: DUA.
  • Cuestión de dereitos.
    • Ciclos obligatorios e inclusión no sistema educativo.
    • Ciclos post obligatorios e inclusión no sistema educativo.
    
    PARTICIPA COMO PONENTE CONVIDADA ESPECIALISTA: Lara Crespo.
    PARTICIPA COMO TESTIMONIO DE EXPERIENCIA A COMPARTIR: Rocío Carrasco.
    
    DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: Luns 25 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARMINA BURANA 2026: CONVITE A PARTICIPAR NO CORO INFANTIL

 A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova pon en marcha un proxecto moi especial: a creación dun coro infantil para participar na interpretación ...