Dende a Federación, en coordinación con ANPAS GALEGAS, queremos contarvos que ao longo do ano 2026 se vai elaborar a guía “Mitos sobre a Igualdade”, un recurso pensado para apoiar o traballo que xa realizades cos centros educativos e coas familias.
O obxectivo desta guía é identificar e desmontar algúns dos mitos máis estendidos sobre a igualdade de xénero, que adoitan aparecer nas conversas cotiás, nas redes sociais ou no ámbito educativo, e que ás veces dificultan avanzar cara a unha educación máis xusta e igualitaria.
Para que esta guía sexa realmente útil e conecte coa realidade dos centros, a participación das ANPAS e das familias que a compoñen é fundamental. Queremos que os contidos partan do que vós detectades no día a día.
Por iso, pedímosvos a vosa colaboración para que nos fagades chegar:
· Frases, comentarios ou ideas sobre a igualdade de xénero que escoitades con frecuencia.
· Mitos ou orenzas que consideredes importante aclarar ou traballar coas familias ou co alumnado.
Non é necesario elaborar textos longos: calquera achega, por pequena que pareza, é valiosa e axudaranos a construír unha guía próxima e representativa.
O formulario é o seguinte https://forms.gle/
Non leva más de 5 minutos responder. O prazo para facer achegas remata o 14 de Febreiro.
Grazas polo voso tempo, pola vosa implicación e polo papel tan importante que desempeñades na promoción da igualdade nas nosas comunidades educativas.
Un saúdo agarimoso,
Ningún comentario:
Publicar un comentario