luns, 22 de xuño de 2026

Fin de Curso

 

Despedimos o curso cun día moi especial

Chega o final de curso e, con el, o momento de facer balance de todos os momentos compartidos ao longo destes meses. Dende a ANPA queremos agradecer a participación das familias, a colaboración do colexio e, sobre todo, a ilusión dos nenos e nenas, que fan que cada actividade teña sentido.

Na festa de fin de curso vivimos unha xornada moi bonita, chea de alegría, xogos, risas e momentos compartidos. Os nenos e nenas pasárono moi ben e puideron despedir o curso dunha maneira especial, gozando cos seus compañeiros e compañeiras antes das merecidas vacacións.

Un dos momentos máis emotivos foi a entrega dos diplomas de graduación ao alumnado de 6º de Primaria, acompañados dun pequeno detalle. Para eles e elas comeza agora unha nova etapa, chea de cambios, aprendizaxes e novas experiencias. Dende aquí queremos desexarlles moitísima sorte no camiño que comezan. Estamos seguros de que levarán consigo todo o aprendido, os recordos vividos no colexio e o cariño de quen os acompañou durante estes anos.

Tamén queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias un feliz verán. Agardamos que estes meses sexan tempo de descanso, diversión, xogos, familia e amigos; que collan moita enerxía e que gocen de cada momento.

Grazas por formar parte desta pequena gran comunidade educativa.

Bo verán a todos e todas!

Diplomas: https://drive.google.com/drive/folders/1NSYWpN_iPrJiOxVtgYy7nJCH4vFuaBX7?usp=drive_link  

    
    


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Carballedo C.F.

 Inscricións abertas para a proxima tempada: