luns, 12 de xaneiro de 2026

Xornada acompañemento Altas Capacidades

O próximo sábado 21 de marzo de 2026, terá lugar unha nova xornada de acompañamento ás Altas Capacidades, con motivo do seu día internacional, no CPR San José de Lugo. Trátase do evento anual que realiza a Asociación Intelecto. 


O programa é o seguinte:

9:15 a 9:45 horas Acreditación de participantes
9:45 a 10:00 horas Presentación institucional do acto
10:00 a 11:45 horas Altas Capacidades do concepto á práctica: como acompañar dende as aulas e o papel da familia. Olalla Méndez Arias orientadora educativa e especialista en AACC no EOE de Lugo. 
11:45 a 12:15 horas Descanso-café
12:15 a 14:00 horas Dobremente invisibles, dobremente excepcionais: cando a alta capacidade non é visible aos ollos do mundo. María Sánchez Dauder psicopedagoga e especialista en altas capacidades. 

O evento ten un custe de 10 euros para non socios/as en concepto de colaboración coa Asociación 

As prazas son limitadas, o prazo de inscrición remata o 14 de marzo ou cando se esgoten as prazas. Unha vez enviado o formulario, recibirás un email confirmando a túa praza. 

O enlace da inscrición é o seguinte: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xornadas Atención á Diversidade

Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade.  Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h ...