Os días 21 e 22 de novembro vaise celebrar o curso “A psicoloxía educativa nos centros escolares: estratexias de intervención con familias, docentes e equipos interdisciplinarios. A escola que escoita”, organizado pola Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Celebrarase en modalidade presencial, no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.
O curso ten como obxectivos:
- Comprender desde a práctica os fundamentos da escola inclusiva e o papel do/a psicólogo/a educativo/a neste marco.
- Analizar as relacións e os entrecruzamentos entre psicoloxía e pedagoxía.
- Reflexionar criticamente sobre o uso do DSM-5 no ámbito escolar.
- Revisar de maneira crítica as achegas da psicoloxía das emocións para comprender a aprendizaxe e os vínculos na escola.
- Visibilizar o impacto da saúde mental na comunidade educativa: malestar de educadores/as, alumnado e familias.
- Fortalecer estratexias de traballo con familias, docentes e equipos interdisciplinarios.
- Favorecer a construción dun rol activo, crítico e humanista do/a psicólogo/a escolar.
Si é do teu interese asistir, é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 11 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.
Deixamos o enlace do programa: https://drive.google.com/file/d/1MBHVa5HNaWcqENC4KYwGOwE0Ge797TkT/view?usp=sharing
e do boletín: https://drive.google.com/file/d/1Ta-bpVTI-W8dzB0iDFSndk5VJA2JaGiv/view?usp=sharing
Ningún comentario:
Publicar un comentario