mércores, 29 de outubro de 2025

FORMACIÓN REDES SOCIAIS E IGUALDADE

Dende a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unha formación en liña "Redes Sociais e Igualdade", formación relacionada coa guía de igualdade deste ano 2025 que podes consultar no seguinte enlace:     https://www.anpasgalegas.gal/guias-de-igualdade/

A formación correrá a cargo de "Igualadas consultoría e formación" e terá unha duración de 3 horas. Para conectarse á formación enviaremos o enlace por correo electrónico o día anterior.

DÍA: 13 de novembro
HORA: 17:30-20:30

Esta actividade é posible grazas ás "Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres" da Xunta de Galicia.

Enlace para inscrición: https://forms.gle/Zy6y332FfE3UCozW8




     

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Menú Marzo