domingo, 7 de setembro de 2025

Bono Concilia

 O DOG publica a nova convocatoria do Bono Concilia Familia, que poderá solicitarse desde o vindeiro luns.

Un programa pensado para que os pais e as nais que traballan poidan atender as súas necesidades de conciliación de carácter puntual, por exemplo: por enfermidade ou cuestións laborais; ou durante os períodos de vacacións escolares. En 2024, este bono chegou a máis de 15.000 familias galegas. A Xunta de Galicia inviste máis de 2,5 M€ nesta nova convocatoria, que estará aberta ata o próximo 7 de outubro. Fai falta lembrar que o Bono Concilia Familia é unha achega económica directa destinada ás familias con fillos de ata 13 anos (nacidos entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021) e nas que ambos os proxenitores traballan, co obxectivo de contribuír a sufragar os custos dos servizos de conciliación como coidadores, ludotecas ou campamentos. Concretamente, o Bono Concilia Familia ofrece achegas económicas de ata 500 euros para a contratación dunha persoa a domicilio ou de 200 euros por persoa para sufragar os custos de recursos e servizos específicos como as ludotecas, os campamentos ou os espazos de lecer e actividades para nenos. A axuda cobre un máximo do 75% do servizo abonado pola familia, pero, como novidade nesta edición, amplíase ao 100% do servizo no caso de familias numerosas, familias monoparentais, familias acolledoras, familias con garda con fins adoptivos, familias nas que un ou varios fillos ou fillas convivientes teñan unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% ou familias vítimas de violencia de xénero.

El DOG publica la nueva convocatoria del Bono Concilia Familia, que podrá solicitarse desde el próximo lunes para el pago de campamentos o cuidadores a domicilio - Xunta de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xornadas Atención á Diversidade

Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade.  Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h ...