venres, 10 de outubro de 2025

Formación Discapacidade COCEMFE-COGAMI

Dende COCEMFE-COGAMI convidanvos a participar en dúas accións formativas que se levarán a cabo proximamente e que están dirixidas a todas as persoas interesadas en mellorar a educación e o acompañamento de nenos/as e mozos/as.

Estas formacións están pensadas para ofrecer ferramentas prácticas, xerar reflexión e crear un espazo de intercambio entre todos os axentes educativos.
Compartímosvos un arquivo coa información máis detallada de cada acción formativa (contidos, datas e horarios).
Lembrámosvos:

👉 A participación é de balde.

👉 Para asistir, só é necesario inscribirse nas seguintes ligazóns (podedes facelo desde aquí ou desde o propio arquivo, como vos resulte máis cómodo):

Será un pracer contar coa vosa presenza. Cremos que o traballo conxunto entre familia, escola e comunidade é clave para construír unha educación máis inclusiva, consciente e enriquecedora.
Para calquera dúbida ou información adicional, non dubidedes en poñervos en contacto connosco. E, se coñecedes algunha persoa interesada en participar, tamén podedes difundir este correo.

Adxunto enlace do programa:  https://drive.google.com/file/d/1PPuZ3P8ena6zFHOzc2B9JxtUPhVIeM_i/view?usp=drive_link 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xornadas Atención á Diversidade

Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade.  Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h ...