domingo, 12 de outubro de 2025

Excursión

Bo día familias!!

Este mércores día 15 os cativos irán de excursión. 

Iremos a Milhulloa, en Palas de Rei. 

Milhulloa é unha pequena cooperativa galega que cultiva, transforma e comercializa plantas medicinais ecolóxicas dende hai máis de 20 anos. 

Alí os nenos e nenas visitarán as suas instalacións e levarán a cabo distintos obradoiros, entre os que destaca a elaboración artesán dun dentífrico. 

Deixamos a súa páxina web por se queredes votar un ollo, Milhulloa - Milhulloa

Saímos do centro ás 10.00h e voltaremos para comer no centro. 

 Desexamos que o desfruten moito!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

FORMACIÓN REDES SOCIAIS E IGUALDADE

Dende a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unha formación en liña " Redes Sociais e Igualdade ", formación relacionada coa g...