Dende a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unha formación en liña "Redes Sociais e Igualdade", formación relacionada coa guía de igualdade deste ano 2025 que podes consultar no seguinte enlace: https://www.anpasgalegas.gal/guias-de-igualdade/
mércores, 29 de outubro de 2025
FORMACIÓN REDES SOCIAIS E IGUALDADE
martes, 28 de outubro de 2025
Charla Psicoloxía educativa nos centros escolares
Os días 21 e 22 de novembro vaise celebrar o curso “A psicoloxía educativa nos centros escolares: estratexias de intervención con familias, docentes e equipos interdisciplinarios. A escola que escoita”, organizado pola Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Celebrarase en modalidade presencial, no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.
O curso ten como obxectivos:
- Comprender desde a práctica os fundamentos da escola inclusiva e o papel do/a psicólogo/a educativo/a neste marco.
- Analizar as relacións e os entrecruzamentos entre psicoloxía e pedagoxía.
- Reflexionar criticamente sobre o uso do DSM-5 no ámbito escolar.
- Revisar de maneira crítica as achegas da psicoloxía das emocións para comprender a aprendizaxe e os vínculos na escola.
- Visibilizar o impacto da saúde mental na comunidade educativa: malestar de educadores/as, alumnado e familias.
- Fortalecer estratexias de traballo con familias, docentes e equipos interdisciplinarios.
- Favorecer a construción dun rol activo, crítico e humanista do/a psicólogo/a escolar.
Si é do teu interese asistir, é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 11 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.
Deixamos o enlace do programa: https://drive.google.com/file/d/1MBHVa5HNaWcqENC4KYwGOwE0Ge797TkT/view?usp=sharing
e do boletín: https://drive.google.com/file/d/1Ta-bpVTI-W8dzB0iDFSndk5VJA2JaGiv/view?usp=sharing
ENCONTRO INTERPROVINCIAL DO NORTE
Este ano celebra-se o “ENCONTRO INTERPROVINCIAL DO NORTE: o presente e o futuro da Enfermaría Escolar en España”.
Iste ten como obxetivo ofrecer un espazo de reflexión e actualización sobre a enfermaría escolar nacional, promovendo o intercambio de experiencias, fortalecendo as redes profesionais e o debate sobre os desfíos actuais e futuros da nosa profesión.
Adxuntamos o programa do mesmo:
- DATA: 12 de novembro
- LUGAR: Salón e Actos Hospital Universitario Lucus Augusti
- HORARIO: 16:00 a 20:00 horas
- INSCRICIÓN: ata o 07 de novembro a través do código QR impreso no programa que adxuntamos.
xoves, 16 de outubro de 2025
ComDix
Boas tardes familias!
Está aberto o prazo de inscrición para a obtención da certificación ComDix, nivel intermedio, certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración Galega.
Prazo aberto dende o martes 14 ata o luns 27 de outubro ambos inclusive.
O examen será o mércores 26 de novembro ás 10.00 (Carballedo)
venres 28 de novembro ás 10.00 (Chantada)
Pódese anotar noutras localidades se é do voso interese.
Deixo a páxina con máis información, e tamén onde poder anotarse.
É necesario rexistrarse con usuario na aula CeMit, están os pasos sinalados na páxina web.
Tamén podedes facer un exame de proba na mesma dirección online ou facer a súa formación de balde.
Inscrición nas probas ComDix nivel Intermedio - edición de novembro/decembro 2025 | CeMIT
Calquer dúbida estamos a vosa disposición.
Un saúdo.
mércores, 15 de outubro de 2025
Excursión Milhulloa
Bos días!
Hoxe foi unha mañá especial, eu creo que os peques pasárono en grande.
As monitoras, Carmela e Chusa, ensináronnos as instalacións, e explicáronnos como funciona a súa cooperativa.
Os nenos fixeron dous talleres, un sensorial, no que desenvolveron os cinco sentidos, mentres tocaban, degustaban, escoitaban e cheiraban os distintos aromas das plantas.
E outro, máis práctico, a elaboración dun dentífrico, seguiron paso a paso a elaboración para poder facer a súa pasta de dentes con aroma a menta.
Os nenos levan para casa a súa pasta e un obsequio por parte da cooperativa.
Esperamos que gozasen moito!!
Deixámosvos algunha foto
Link de acceso ás fotos (podedes ver e descargar):
https://drive.google.com/drive/folders/1_ImUTtT12JO5ZpT2SZcxRA-PqL3ihygX?usp=drive_link
luns, 13 de outubro de 2025
Actividades Igualdade
Boas tardes familias!!
Como xa vos informabamos na asemblea xeral de socios o pasado 6 de outubro. Os nenos levarán a cabo unha serie de actividades promovidas e financiadas pola Consellería de Igualdade.
Estas actividades serán os días, luns 27, martes 28 e mércores 29 de outubro e o venres 7 de novembro.
Desenvolveranse ao longo da mañá e farán distintos talleres como Publi-radio, baile coeducativo, teatro, cinema etc.
A maiores tamén haberá unha charla para os pais e nais do centro, iste ano como novidade será online para facilitar a conciliación das familias. Terá lugar o día 21 de outubro ás 19.00h . O link de acceso á reunión é: https://meet.google.com/zzf-zmid-kme
Esperamos que as gocen moito e sexan do seu interese!!
domingo, 12 de outubro de 2025
Excursión
Bo día familias!!
Este mércores día 15 os cativos irán de excursión.
Iremos a Milhulloa, en Palas de Rei.
Milhulloa é unha pequena cooperativa galega que cultiva, transforma e comercializa plantas medicinais ecolóxicas dende hai máis de 20 anos.
Alí os nenos e nenas visitarán as suas instalacións e levarán a cabo distintos obradoiros, entre os que destaca a elaboración artesán dun dentífrico.
Deixamos a súa páxina web por se queredes votar un ollo, Milhulloa - Milhulloa
Saímos do centro ás 10.00h e voltaremos para comer no centro.
Desexamos que o desfruten moito!!
venres, 10 de outubro de 2025
Formación Discapacidade COCEMFE-COGAMI
Dende COCEMFE-COGAMI convidanvos a participar en dúas accións formativas que se levarán a cabo proximamente e que están dirixidas a todas as persoas interesadas en mellorar a educación e o acompañamento de nenos/as e mozos/as.
👉 A participación é de balde.
👉 Para asistir, só é necesario inscribirse nas seguintes ligazóns (podedes facelo desde aquí ou desde o propio arquivo, como vos resulte máis cómodo):
Xornadas Atención á Diversidade
Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade. Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h ...
-
Benvidos ó blog do Anpa! Ola a todas as familias! Alégranos darvos a benvida a este novo espazo de comunicación e participación do ANP...
-
Bos días! Hoxe foi unha mañá especial, eu creo que os peques pasárono en grande. As monitoras, Carmela e Chusa, ensináronnos as instalación...
-
Bo día familias!! Compartímos o enlace da cuña de radio que elaboraron, gravaron e locutaron os cativos durante a actividade de Igualdad...