xoves, 24 de abril de 2025

Xornada Escola de Familia

Deixovos por aquí o enlace por se é do voso interese en Santiago, sobre:

Esta charla centrada nun aspecto clave na crianza e no benestar familiar: a xestión do tempo e as rutinas, especialmente en contextos nos que hai un diagnóstico de TEA.

Traballaremos con casos prácticos, resolvendo dúbidas que poidades traernos as familias asistentes. Será unha sesión moi participativa, na que poderemos compartir experiencias reais e explorar ferramentas que axuden a organizar o día a día con máis calma e equilibrio 

Se a túa familia está a buscar recursos para afrontar mellor os retos cotiáns, esta é unha oportunidade perfecta para atopar acompañamento e inspiración.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

FORMACIÓN REDES SOCIAIS E IGUALDADE

Dende a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unha formación en liña " Redes Sociais e Igualdade ", formación relacionada coa g...