Boa tarde,
Dende a asociación de profesorado galego Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia informan da actividade de formación de profesorado IV CONGRESO EDUCATIVO LGBTIQ+ DE GALICIA, actividade de balde que terá lugar o 26 de abril de 2025 no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Ademáis de ser unha actividade de formación de profesorado, o congreso está aberto a familias, estudantes e público en xeral que recibirán un certificado de asistencia polas 8 horas de formación.
Co gallo da conmemoración do día da visibilidade lésbica e de xeito especial e pioneiro en Galicia, está dedicado ás realidades lésbicas e con especial atención á memoria histórica, á realidade das mulleres trans lesbianas, á visibilidade, ao Abuso Sexual Infantil, á Educación Sexual Integral, ao traballo cultural, ás experiencias nos centros educativos galegos e ás violencias sexuais.
ENLACE PARA INSCRICIÓN:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSep2aq6i6xZ3NVGiYNE_mzNv0TFKUC-slTbeunf5MsWfbsw8w/viewform?usp=sharing
O programa do congreso é o seguinte:
09:00 Apertura e sinaturas
09:30 Presentación
09:45 ÀFRICA ALONSO e KATY PALLÀS: "Una luz tímida”. Memoria histórica das mulleres lesbianas
10:45 VALENTINA BERR: Transitar é unha pregunta incómoda. Conversación sobre o libro “La respuesta a todo lo que preguntarías a una tía trans”
11:45 Pausa café
12:15 BEATRIZ SUÁREZ BRIONES: Lesbianas para rato: que, por que e para que da visibilidade lésbica
13:15 Mesa redonda - Proxectos culturais lesbogalaicos: A PANADARÍA, A MULLER DE 6 OLLOS e VACABURRA
14:15 Xantar
16:30 CLAUDIA CAMPILLO: Sobrevivir e florecer. Rompendo o tabú do abuso sexual infantil
17:30 ROSA SANCHÍS: A lingua como espazo de ensino da educación sexual integral
18:30 Pausa café
19:00 Mesa redonda - EXPERIENCIAS DE PROFESORAS E ALUMNAS GALEGAS (SEN UNIFORME)
20:00 IRANTZU VARELA: Contraviolencia contra a violencia sexual: responder non é atacar
21:00 Fin congreso
Ningún comentario:
Publicar un comentario