🌟 Benvidos ao novo curso escolar! 🌟
Queridas familias:
Comezamos un novo curso con ilusión, enerxÃa renovada e moitas ganas de seguir compartindo experiencias en comunidade. Desde o ANPA queremos darvos a benvida a todas e todos, especialmente ás novas familias que este ano se incorporan ao colexio. Estamos encantados de tervos connosco!
Este curso contamos tamén con novos integrantes na directiva do ANPA, que chegan con entusiasmo e moitas ideas para seguir mellorando a vida escolar dos nosos fillos e fillas. Xunto con quen xa formaban parte, queremos traballar en equipo para que este sexa un ano cheo de participación, convivencia e proxectos enriquecedores.
👉 Durante os próximos meses iremos informando neste espazo sobre actividades, talleres, charlas e eventos que estamos a preparar. O noso obxectivo é crear momentos de encontro e colaboración que fortalezan a comunidade educativa.
Animámosvos a participar, achegar propostas e sumarvos ás iniciativas. O ANPA construÃmolo entre todos e todas!
Desexámosvos un curso cheo de aprendizaxes, amizades e experiencias positivas.
Imos a por un gran ano escolar xuntos!
Un abrazo,
Ningún comentario:
Publicar un comentario