xoves, 15 de maio de 2025

Formación dixital para maiores de 14 anos e familias

Formación Dixital é un programa formativo para obter a capacitación en competencias dixitais intermedias que a Xunta de Galicia ofrece a cidadanía.

Este programa comezou en outubro de 2024 e estará operativo ata o ano 2026, poden participar tódalas persoas maiores de 14 anos.

É completamente de balde, 100% online e 100% titorizado.

Ten unha duración máxima de 10 semanas (250 horas) aínda que cada persoa pode realizalo curso o seu propio ritmo, o curso pódese iniciar en calquera momento do ano (hai varias datas abertas) e rematase 10 semanas despois do seu inicio.

Consiste nunha formación moi práctica, con vídeos, contidos interactivos, acompañamento de sesións grupais e un titor que leva o control de toda a formación.

A estudante disporá dunha guía práctica para cursar o temario. O contido está dispoñible en galego e castelán.

Rematada a formación recibirase un diploma acreditativo da formación completada, expedido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.

Este curso a maiores ofrece a preparación para optar o ComDix intermedio.

 ¡As inscricións están abertas!

Inscríbete aquí https://formaciondixital.gal/inscripcion/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xornadas Atención á Diversidade

Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade.  Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h ...