Bo día,
Poñense en contacto convosco dende Dano Cerebral Galicia, a Federación de asociacións desta discapacidade na nosa comunidade autónoma, para facervos unha pequena petición.
O seu obxectivo principal é a mellora da calidade de vida do colectivo de persoas e familias con dano cerebral adquirido. Un dos xeitos de axudar a esa mellora é o establecemento e mecanismos e recursos de apoio para as persoas que compoñen a nosa base social.
Contan cunha colaboración co Colexio Maior San Agustín, de Santiago de Compostela, a través da que ofrecen unha bolsa para a estadía no seu centro durante o curso 2025/2026. Está dirixida a alumnado con dano cerebral adquirido ou cun familiar de até segundo grao con esta discapacidade, que acceda ao primeiro curso dun grao na USC. Os detalles a nivel de requisitos, procedemento, bases, prazos etc. están na nosa web: https://danocerebralgalicia.
A súa pedición é que poidan axudarlles a identificar tanto alumnado con dano cerebral adquirido como con familiares con esta discapacidade, co obxectivo de facilitarlles a posibilidade de candidatarse á nosa bolsa.
Moitísimas grazas pola atención e pola axuda. Quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida.
Un saúdo,
Ningún comentario:
Publicar un comentario