luns, 31 de marzo de 2025

Aprendiendo a Incluir. III Jornada Discapacidad: el deporte, una vía de inclusión

COCEMFE-COGAMI xunto coa Fundación María José Jove organizan por terceiro ano consecutivo “Aprendendo a Incluír. III Xornada Discapacidade: o deporte, unha vía de inclusión”, unha xornada de sensibilización, desde unha perspectiva práctica, acerca da realidade da inclusión e, que, nesta edición, centrarase no deporte como vía de inclusión.

Durante a xornada, que terá lugar o mércores 9 de abril, abordaranse os beneficios do deporte, en dous eixos de traballo: un de mañá, coa participación de centros educativos e outro, de tarde, aberto ao público en xeral.

Aberto o prazo de inscrición ata o 9 de abril ás 10 horas. Prazas limitadas.

Enlace á inscrición da reunión:

https://www.fundacionmariajosejove.org/actividades-con-inscripcion/iii-jornada-aprendiendo-a-incluir-el-deporte-un-camino-para-la-inclusion/




Ningún comentario:

Publicar un comentario

FORMACIÓN REDES SOCIAIS E IGUALDADE

Dende a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unha formación en liña " Redes Sociais e Igualdade ", formación relacionada coa g...