luns, 26 de maio de 2025

Charla Microhábitos saudables

 Bo día:

O Colexio de Enfermaría en colaboración cos Colexios Sanitarios de Lugo organiza a xornada formativa interdisciplinar MICROHÁBITOS SAUDABLES.

 

Contaremos ca presenza de Beatriz Crespo, doutora en Medicina e Rendemento Deportivo, ofreranos unha visión innovadora e accesible sobre como integrar o exercicio físico na vida diaria, sen grandes esforzos nin rutinas imposibles. A través dos MICROHÁBITOS –accións que non che levarán máis de dous minutos- descubriremos como o cerebro pode converterse no noso mellor aliado para manternos activos.

 

DATA: 28 de maio de 2025

LUGAR: Salón de Actos Colexios Sanitarios (C/ Ramón y Cajal, nº 2 – LUGO)

HORA: 18:00 HORAS

 

A xornada é gratuíta e aberta a todo o público ata completar aforo.

 

Agradecemos difusión e estaremos encantados de contar ca súa presenza.

 

Un saúdo




luns, 19 de maio de 2025

Federación Dano Cerebral Galicia

 Bo día,

Poñense en contacto convosco dende Dano Cerebral Galicia, a Federación de asociacións desta discapacidade na nosa comunidade autónoma, para facervos unha pequena petición.

 

O seu obxectivo principal é a mellora da calidade de vida do colectivo de persoas e familias con dano cerebral adquirido. Un dos xeitos de axudar a esa mellora é o establecemento e mecanismos e recursos de apoio para as persoas que compoñen a nosa base social.

 

Contan cunha colaboración co Colexio Maior San Agustín, de Santiago de Compostela, a través da que ofrecen unha bolsa para a estadía no seu centro durante o curso 2025/2026. Está dirixida a alumnado con dano cerebral adquirido ou cun familiar de até segundo grao con esta discapacidade, que acceda ao primeiro curso dun grao na USC. Os detalles a nivel de requisitos, procedemento, bases, prazos etc. están na nosa web: https://danocerebralgalicia.org/gl/que-facemos/cohesion-asociativa-e-fortalecemento-institucional/bolsa-cmu-san-agustin

 

A súa pedición é que poidan axudarlles a identificar tanto alumnado con dano cerebral adquirido como con familiares con esta discapacidade, co obxectivo de facilitarlles a posibilidade de candidatarse á nosa bolsa.

 

Moitísimas grazas pola atención e pola axuda. Quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida.

 

Un saúdo,

Fondo Libros Xunta

 Boas tardes, 

Lembramos que esta aberto o prazo ata o 20 de xuño para o fondo de libros da Xunta de Galicia. 

Para 1º e 2º Educación Primaria a contía vai entre 160 a 240 euros en función da renta. 

E para 3 º 4º 5º 6º de Educación Primaria o fondo de entre 4 e 6 libros. 

Tamén esta incluido o material escolar cunha contía máxima de 70 euros.

e axudas para alumando con necesidades educativas especiais ou discapacidade. 

Deixovos a ligazon coa información e para tramitala, tanto en liña como presencial. 

Ligazón para traitala:   fondolibros

xoves, 15 de maio de 2025

Bolsa para Alumnado con Dano Cerebral Adquirido

 📢 Difusión de Bolsa para Alumnado con Dano Cerebral Adquirido

Dende a nosa ANPA queremos informarvos dunha iniciativa moi importante promovida por Dano Cerebral Galicia, a Federación de asociacións desta discapacidade na nosa comunidade autónoma. Esta organización traballa para mellorar a calidade de vida das persoas e familias afectadas por dano cerebral adquirido, e nesta ocasión ofrece unha oportunidade única para o alumnado afectado por esta situación.

Dano Cerebral Galicia, en colaboración co Colexio Maior San Agustín de Santiago de Compostela, pon á disposición unha bolsa para o curso 2025/2026. Esta bolsa está dirixida a:

✅ Alumnado con dano cerebral adquirido. ✅ Alumnado cun familiar ata segundo grao que padeza dano cerebral adquirido. ✅ Alumnado que acceda ao primeiro curso dun grao na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

🔎 Todos os detalles sobre os requisitos, o procedemento de solicitude, as bases e os prazos da convocatoria están dispoñibles na seguinte ligazón: https://danocerebralgalicia.org/gl/que-facemos/cohesion-asociativa-e-fortalecemento-institucional/bolsa-cmu-san-agustin 

🚀 Animámosvos a que compartades esta información entre o alumnado e as familias que poidan beneficiarse desta axuda. O noso obxectivo é facilitarlles o acceso a esta bolsa e garantir que ninguén quede sen coñecela por falta de información.

Se tedes algunha dúbida, non dubidedes en contactar connosco. Grazas pola vosa colaboración.

Formación dixital para maiores de 14 anos e familias

Formación Dixital é un programa formativo para obter a capacitación en competencias dixitais intermedias que a Xunta de Galicia ofrece a cidadanía.

Este programa comezou en outubro de 2024 e estará operativo ata o ano 2026, poden participar tódalas persoas maiores de 14 anos.

É completamente de balde, 100% online e 100% titorizado.

Ten unha duración máxima de 10 semanas (250 horas) aínda que cada persoa pode realizalo curso o seu propio ritmo, o curso pódese iniciar en calquera momento do ano (hai varias datas abertas) e rematase 10 semanas despois do seu inicio.

Consiste nunha formación moi práctica, con vídeos, contidos interactivos, acompañamento de sesións grupais e un titor que leva o control de toda a formación.

A estudante disporá dunha guía práctica para cursar o temario. O contido está dispoñible en galego e castelán.

Rematada a formación recibirase un diploma acreditativo da formación completada, expedido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.

Este curso a maiores ofrece a preparación para optar o ComDix intermedio.

 ¡As inscricións están abertas!

Inscríbete aquí https://formaciondixital.gal/inscripcion/

Novas Xunta

 A Xunta financia as probas para a acreditación do nivel de idiomas. 

Máis información: 

La Xunta financiará las pruebas para que casi 4.000 alumnos de 189 centros puedan acreditar oficialmente su nivel de idiomas - Xunta de Galicia

domingo, 4 de maio de 2025

Campamentos de verán da Xunta

Esta aberto o prazo de inscrición ata o 15 de mayo para o Programa de Xunta de Verán Activo.

Estes campamentos son para a mocidade entre 9 e 30 anos.

Para os campos de voluntariado entre CCAA o prazo é do 7 ao 13 de maio e para os maiores de 18 anos tamén teñen a posibilidade do estranxeiro. 

Deixamos o enlace do program completo:   https://drive.google.com/file/d/16hZErEfjArxW4BksXk6APRRRoa_jkEAX/view?usp=drive_link 









FORMACIÓN REDES SOCIAIS E IGUALDADE

Dende a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unha formación en liña " Redes Sociais e Igualdade ", formación relacionada coa g...