martes, 18 de novembro de 2025

Xornada de Benestar Emocional na Adolescencia

 Boas tardes familias!!

A Xunta organiza unha xornada de formación para familias sobre benestar emocional na adolescencia, baixo o título A familia como base do crecemento persoal e emocional, a actividade abordará aspectos como o establecemento de límites para os rapaces ou o uso responsable das novas tecnoloxías. A sesión terá lugar no Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago e a inscrición, aberta a calquera persoa interesada, pode facerse de balde no Portal Educativo ata esgotar as prazas.

A xornada, comezará ás 10,00 horas do sábado 29 de novembro, contará coa participación de tres expertos na materia como Alexandre García Caballero, doutor en Psiquiatría e especialista no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que abrirá a formación co relatorio Axudando a crecer cando cambian os marcos ás 10,30 horas, ou Selva Orejón, consultora en ciberseguridade e identidade dixital e perito xudicial, directora executiva de OnBranding, que será responsable da charla Como ensinar ás túas fillas e fillos a usar a tecnoloxía de forma segura e responsable ás 11,30 horas. O programa péchase con Amor e límites para axudar ao teu adolescente ás 12,30 horas a cargo de María Velasco Ghisleri, especialista en Psicoterapia Integradora e Psicoterapia do Neno e do Adolescente.

A xornada celébrase no marco das melloras que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional está a realizar no modelo de ensino híbrido de Galicia, que inclúe accións formativas dirixidas ás familias coa finalidade de reforzar o seu coñecemento dixital e axudalas no labor de acompañamento aos seus fillos.

A actividade forma parte tamén da Estratexia galega de convivencia escolar 2025 e súmase a outras accións como o novo programa Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade que vén de poñer en marcha o Goberno galego.


Máis información: A Xunta organiza unha xornada de formación para familias sobre benestar emocional na adolescencia | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Competencias Dixitais

Coa axuda de FAPACEL difundimos iniciativas que achegan oportunidades de formación ás familias do rural, especialmente en competencias dixitais, un ámbito clave para reducir a brecha existente entre territorios. Por iso compartimos esta nova proposta formativa, dirixida a diferentes perfís e pensada para facilitar o acceso a coñecementos útiles e actuais.

A información completa está dispoñible no arquivo adxunto e na páxina web: https://blogs.uned.es/fundacionuned/reto-rural/
Cada participante pode rexistrarse nun máximo de dous cursos por sesión. A inscrición para a terceira sesión xa está aberta.
Podes rexistrarte a través da seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/fb0HDGzKpU?origin=lprLink
As persoas interesadas deben completar os seus datos persoais e achegar a documentación requirida, segundo o seu perfil:
Persoas desempregadas: Documento Nacional de Identidade (DNI), xustificante de domicilio, informe de traxectoria laboral e DARDE (documento de rexistro de demandante de emprego).
Persoas maiores de 65 anos, menores de 25 anos e mulleres: Documento Nacional de Identidade (DNI) e xustificante de domicilio.
Mulleres.



luns, 17 de novembro de 2025

Obradoiro

 Guia en materia de Igualdade realizada por ANPAS GALEGAS

"Redes Sociais e Igualdade"

Día: 28 novembro ás 17.00h

Lugar: Rúa Estocolmo Nª8 baixo, Santiago de Compostela (Sede ANPAS GALEGAS)

LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE:  https://forms.gle/Wu4NYywYcySKuoeM6 



Obradoiro Emocionate con nós

Bo día familias!! 

O venres 21 os nenos de 1º a 4º Ed. Primaria, terán un obradoiro sobre emocións, como recoñecelas e xestionalas, recursos; empatía, como poñela en práctica; resolución de conflitos, dinámicas para aprender as bases para resolvelos de forma asertiva, entre outras actividades interactivas. 

Horario: de 12.30 a 14.00h

Levado a cabo gracias a FAPACEL.

Impartido por ASOC. Guillen Veiga Iglesias






 

Resumo Actividades Igualdade

 Boas tardes familias!

Rematadas as actividades promovidas pola Consellería de Igualdade, impartidas dende Coeduca, deixamos un vídeo resumo do ben que o pasaron. 

Ver vídeo: https://drive.google.com/file/d/1yahF2c0LpT9cvAnD9IqP9rcTYOr99bxK/view?usp=drive_link 


Recordade que hai fotos subidas a páxina web do centro tamén, deixovos o enlace: Inicio - Ceip Xosé Luis Taboada


Deixovos o resumo das actividades realizas que xa vos enviara. 

O noso agradecemento para Pilar, Lorena, Sara e Beatriz!!



Xornadas Atención á Diversidade

Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade.  Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h ...