luns, 31 de marzo de 2025

Aprendiendo a Incluir. III Jornada Discapacidad: el deporte, una vía de inclusión

COCEMFE-COGAMI xunto coa Fundación María José Jove organizan por terceiro ano consecutivo “Aprendendo a Incluír. III Xornada Discapacidade: o deporte, unha vía de inclusión”, unha xornada de sensibilización, desde unha perspectiva práctica, acerca da realidade da inclusión e, que, nesta edición, centrarase no deporte como vía de inclusión.

Durante a xornada, que terá lugar o mércores 9 de abril, abordaranse os beneficios do deporte, en dous eixos de traballo: un de mañá, coa participación de centros educativos e outro, de tarde, aberto ao público en xeral.

Aberto o prazo de inscrición ata o 9 de abril ás 10 horas. Prazas limitadas.

Enlace á inscrición da reunión:

https://www.fundacionmariajosejove.org/actividades-con-inscripcion/iii-jornada-aprendiendo-a-incluir-el-deporte-un-camino-para-la-inclusion/




sábado, 29 de marzo de 2025

Proxecto ARISE

Federación Down Galicia está participando no proxecto europeo ARISE - A moRe IncluSive Education, que ten como principal obxectivo a mellora da inclusión educativa en Europa.

 A reunión desenvolverase de forma online e nesta ocasión teremos a oportunidade de coñecer tres boas prácticas educativas de Italia, Portugal e España.

Para formar parte da reunión deixovos o enlace de inscrición: 

https://forms.gle/J18m1fovTmyfwoy2A



luns, 17 de marzo de 2025

Candidaturas

Bo día!!
Como xa sabedes houbo eleccións para renovar a xunta directiva da ANPA, a continuación adxuntanse as candidaturas presentadas. 
Lembramos que a reunión terá lugar o día 31 marzo ás 16.00h no centro. 
Pregase a vosa asistencia. 



luns, 10 de marzo de 2025

Actividades

Boas tardes!!

Lembramos que o próximo luns o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria terá unha actividade " O ritmo das erres" ás 11.40h da mañán financiada por FAPACEL.

Esperamos que o desfruten!!

sábado, 8 de marzo de 2025

Formación

 Curso sobre Intelixencia Emocional e Depresión en Adolescentes: Unha Ferramenta Vital para o Benestar

No ANPA, sabemos o crucial que é apoiar o benestar emocional dos nosos fillos. Por iso, queremos convidalos a participar nun curso especialmente deseñado para abordar dous temas fundamentais: a intelixencia emocional e a depresión en adolescentes.

Durante o curso, os participantes aprenderán a identificar e manexar as emocións, o que non só fortalece a autoestima, senón que tamén pode previr e mitigar síntomas de depresión nesta etapa tan complexa do desenvolvemento. A adolescencia é un período cheo de retos emocionais, e dotar aos mozos de ferramentas para xestionar os seus sentimentos é clave para a súa saúde mental e o seu éxito a longo prazo.

É fundamental que, como comunidade, esteamos informados e preparados para apoiar aos nosos adolescentes no seu crecemento emocional. Non faltes!

Actualizásese mais información no momento que se aproxime a data de realización. 

Calquera dúbida non dubidedes en contactar connosco      


  

         





Xornadas Atención á Diversidade

Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade.  Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h ...