venres, 19 de decembro de 2025

Felices festas!!


Dende a ANPA do CEIP Xosé Luís Taboada queremos desexar a todas as familias un,

Bo Nadal e un próspero Ano Novo!!.


Que este tempo de celebracións sexa unha oportunidade para compartir, coidar as boas relacións e reforzar valores como o respecto, a convivencia e a colaboración, tan importantes na nosa comunidade educativa.


Desexamos que o 2026 veña cargadiño de momentos felices, de ilusións renovadas e de moitas cousas bonitas por descubrir, sempre camiñando xuntos polo ben das nosas nenas e nenos.


Grazas pola vosa colaboración e confianza ao longo do ano!

Vemonos no segundo trimestre coas pilas recargadas!


Un saúdo, 

A Directiva da ANPA.




Programa Nadal

Programa para este Nadal do Concello de Carballedo:







Este sábado día 20, ás 18.00h, nenos e nenas do cole farán unha representación de teatro, con un pouco de nerviosismo pero con moita ilusión, sobre o verdadeiro significado do Nadal. 

Agardamos que vos guste!!





xoves, 18 de decembro de 2025

Radio

Bo día familias!! 
 Compartímos o enlace da cuña de radio que elaboraron, gravaron e locutaron os cativos durante a actividade de Igualdade.


 Coeduca Radio Publicidade: 
https://drive.google.com/file/d/1jD6fAE_RJyKe6J-xmrQZLUKQriIEXZ-6/view?usp=drive_link

mércores, 10 de decembro de 2025

Torneo Xadrez



Compartimos o cartel do torneo de xadrez de Nadal dirixido a nenos e nenas, que terá lugar o domingo 14 de decembro a partir das 16 horas no soto da Praza de Abastos. Poden participar  de calquera etapa educativa.
Quen queira participar no torneo deberán realizar a inscrición. No caso de non estar federados/as nalgún equipo, pódese facer gratuítamente enviando DNI ao correo xaquedrum@gmail.com


Formulario de inscrición:  https://forms.gle/Duw6hwc45f37vsHR7



Campamento Dixital

 


Xornadas Atención á Diversidade

Dende ANPAS Galegas participamos nestas xornadas para falar da atención á diversidade.  Sábado 24 de xaneiro de 10.00h a 14.00h e de 16.00h ...